cecimbre

cecimbre

(< lat Sisymbrium)

s m [PLANTA]

Herbácea do xénero Sisymbrium, da familia das brasicáceas. Pode chegar aos 90 cm de altura e presenta pétalos amarelos de ata 4 mm de lonxitude. En Galicia están presentes as especies: S. austriacum, en rochedos marítimos e marxes de cursos de auga; S. irio, en baldíos; S. officinale, en cultivos e beiras de camiños; e S. orientale, naturalizada en ruderais.

Confrontacións

saramago

Palabras veciñas

Cecilia | Cecilia | Cecilia Renata | cecimbre | Cecioni, Adriano | Ceclavín | ceco-