cefalización

cefalización

(

s f [BIOL]

Tendencia evolutiva dos animais a diferenciar unha rexión anterior do corpo na que se localizan as estruturas e funcións nerviosas, os órganos dos sentidos e os apéndices bucais, e que se converte no polo motor, sensitivo e nutritivo do animal. Implica a individualización dunha parte do corpo destinada a aloxar e protexer os centros nerviosos. Isto representa unha vantaxe para os organismos que se desprazan con este extremo por diante.

Palabras veciñas

cefálico -ca | cefalina | cefalismo | cefalización | cefalocárido -da | cefalocordado -da | cefalodio