cefalocárido -da
cefalocárido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente á clase dos cefalócaridos.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo da clase dos cefalocáridos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de artrópodos do subfilo dos crustáceos formada por artrópodos mariños de pequeno tamaño, xeralmente inferiores aos 3 mm de lonxitude, sen ollos e con só oito pares de patas. Teñen unha taxa de reprodución relativamente baixa, xa que as femias portan dúas cápsulas de tres ovos cada unha. Precisan máis de dezaoito mudas antes de acadaren a madurez. Foron descubertos no 1955, feito que supuxo un pulo importante para a comprensión da diversidade fósil dos crustáceos. Coñécense os xéneros Hutchinsoniella, Lightiella e Sandersiella, con nove especies que viven en sedimentos mariños do Xapón, de Norteamérica e do Caribe.