celesta

celesta

(< fr célesta)

s f [MÚS]

Instrumento idiófono inventado por Victor Mustel e patentado por Auguste Mustel en 1886. De tamaño reducido e inspirado no piano vertical, posúe unha tesitura de entre 4 e 5 oitavas. O son prodúcese mediante uns martelos que se accionan por medio dun teclado e percuten nunhas placas metálicas. Caracterízase por unha sonoridade de claro transfondo metálico e timbre cristalino.

Palabras veciñas

célere | celeri- | celeridade | celesta | celeste | Celeste | Celeste, Imperio