celeste

celeste

(< lat caeleste)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao ceo.

    Ex: Obsérvanse varias capas celestes no firmamento.

  2. adx

    Que ten unha cor azul clara semellante á do ceo despexado.

    Ex: O equipo local vestía camiseta celeste e calzón branco.

  3. s m

    Cor semellante á do ceo.

    Ex: O celeste é a súa cor preferida.

Palabras veciñas

celeri- | celeridade | celesta | celeste | Celeste | Celeste, Imperio | celestial