celeridade

celeridade

(< lat celerĭtăte)

  1. s f

    Rapidez na execución dun acto.

    Ex: Os primeiros auxilios chegaron cunha celeridade inusual. Produciuse todo con tanta celeridade que ninguén reaccionou.

    Sinónimos: presteza, prontitude. Antónimos: lentitude. Confrontacións: velocidade.
  2. s f [FÍS]
    1. Módulo da velocidade.

    2. Velocidade de fase nun grupo de ondas.

Palabras veciñas

celentéreo -a | célere | celeri- | celeridade | celesta | celeste | Celeste