Celta
Celta
[PUBLIC]
Revista en castelán que a partir de 1977 editou Celta Publicaciones co subtítulo de “Órgano del Centro Gallego de Toronto”. Baixo a dirección de Carlos Cacheiro, tiña como subdirector a Rafael Jato. Incluíu algunhas colaboracións de Xesús Alonso Montero. Trátase de prensa de sociedade que informaba principalmente das actividades organizadas polo centro, dos aspectos políticos e culturais de Galicia, ou dos temas literarios, históricos, de moda, deportivos, musicais, médicos, etc. Amais das fotografías, regularmente apareceron debuxos e viñetas de pintores galegos como Quesada ou Castelao.