Celtic Football Club
Celtic Football Club
Club escocés de fútbol fundado en Glasgow o 6 de novembro de 1887. Naceu no seo da comunidade parroquial católica do barrio do East-End, integrada fundamentalmente por obreiros de orixe irlandesa. En 1967 converteuse no primeiro club británico que se proclamou campión da Copa de Europa, nunha tempada na que acadou todos os títulos que disputou (Liga, Copa e Copa da Liga escocesa, Copa de Europa e Copa de Glasgow). En total venceu en 36 edicións da Liga e 30 da Copa do seu país.