Censo de Floridablanca
Censo de Floridablanca
Reconto estatístico da poboación da España peninsular elaborado en 1787 por orde de José Moñino, conde de Floridablanca e ministro do Rei Carlos III. A súa transcendencia histórica radica no feito de ser o primeiro cómputo censual realizado no territorio español no que se inscribiron individualmente os habitantes e non, como se viña facendo ata daquela, os veciños ou fogares. Os resultados do censo indican un total de 10.409.879 h no conxunto dos reinos peninsulares españois, dos que ao Reino de Galicia lle correspondían 1.345.803 h.