chafouta
chafouta
s
m
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘albanel’. Tradicionalmente no emprego de albanel converxen tres oficios diferentes o albanel propiamente dito, o retellador e o pintor. Non se trata dun oficio especificamente ambulante, pero ao igual que os canteiros, esíxelle aos que o exercen desprazarse frecuentemente dun lugar a outro, de xeito especial antigamente, cando se construían menos casas e de xeito máis esporádico na actualidade. Isto xustifica a existencia dunha xerga dos albaneis coñecida como o latín dos chafoutas.