chaíñas

chaíñas
  1. s

    Persoa de carácter pouco enérxico.

    Ex: Será toda a vida un chaíñas, non ten sangue nin para matar unha galiña.

    Sinónimos: baldrogas, pousafoles.
  2. s
    1. Deportista sen calidade.

      Ex: Ese dianteiro é un chaíñas, non marca ningún gol.

    2. Persoa que realiza o seu traballo sen arte nin calidade.

      Ex: O chaíñas do carpinteiro deixoume a porta a medio caer.