cham

cham
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos chams.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo cham.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habitou o centro de Vietnam e Camboxa, descendente das tribos malaio-polinesias, moi influídas pola civilización india, que fundou o Reino de Champa. En Vietnam -con aproximadamente 160.000 h-, case todos están asimilados á poboación autóctona, cultivan arroz e practican o comercio. En Camboxa (onde hai uns 100.000 h), adoptaron o islamismo dos malaios aínda que conservan trazos orixinais, como o predominio do tío materno.

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente ao grupo de linguas malaio-polinesia do grupo austronésico.

Palabras veciñas

Chalreu | Chālukya | chalupa | cham | chama | chamada | chamadeira