chama
(< lat flamma)
-
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
Discontinuidade do medio gasoso que materializa a zona de reacción da combustión, onde se produce unha transformación química irreversible dunha mestura de gas combustible e de comburente. A forma teórica desta fronte de chama, que é de décimas de milímetro, é un plano; a forma real é un cono, un casquete esférico ou unha forma máis complexa que depende das condicións xeométricas de saída do fluxo gasoso. Cando a mestura do combustible e do comburente ten lugar antes da inflamación, dise que a chama obtida é de mestura previa; cando o combustible e o comburente non se mesturan antes da inflamación, a chama denomínase de difusión. A chama do queimador de Bunsen é un exemplo da coexistencia dos dous tipos. Unha gran parte das chamas industriais son de difusión ou intermedias entre as de mestura previa e as de difusión. Calquera chama caracterízase por unha determinada velocidade de propagación da onda de combustión; esta velocidade (V f , velocidade fundamental) chámase tamén velocidade de combustión ou velocidade normal e determínase pola fórmula V f =V(S/ε), onde V é a velocidade lineal, S a sección do tubo ou queimador, e ε a área da fronte de chama. Chámase temperatura da chama (ou temperatura de combustión) á temperatura máxima que acadan os gases queimados. Esta temperatura é máis alta canto máis completa é a combustión.
Confrontacións: labarada, laparada. -
fronte de chama
[TECNOL]
Superficie máis ou menos irregular que separa a parte de mestura acendida da que aínda non o está, no tempo de explosión dos motores de acendido por chispa.
-
regreso de chama
[TECNOL]
Combustión dunha parte do fluído activo dun motor fóra do cilindro, xa sexa no conduto de admisión (por un avance expresivo da abertura da válvula de admisión) ou no colector de escape (por unha acumulación de mestura no colector debido a un defecto de combustión).
-
tubo de chamas
[TECNOL]
Cámara de combustión das turbinas de gas do tipo tubular.
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
-
s
f
Ardor apaixonado.
Ex: A chama do amor fíxoo cometer moitas loucuras.
-
s
f
[HERÁLD]
Figura representada en forma de tres linguas de lume, arredondada na parte inferior, xeralmente de goles ou de ouro.