Chamoso

Chamoso
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Os nomes de lugar Chamoso semellan ter un significado fitonímico: lugar onde se ía buscar material para o lume; xa que logo, remitirían ao latín flamma ‘chama’ máis un sufixo abundancial -oso. A mesma orixe ten o apelido Chamosa.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, cunha pata de ave de prata, movente do flanco sinistro; segunda partición, en campo de goles, cunha pata de ave de prata, movente do flanco sinistro; sobre o todo, un ovo tamén de prata.