chanceler
(
-
[ADM/HIST]
-
s
Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal. Os seus antecedentes sitúanse na burocracia imperial romana, na que o cargo de cancellarii intra cancellos se identificaba coa función de secretario e conselleiro da administración de xustiza. No Baixo Imperio designou os funcionarios que desempeñaban tamén as secretarías da administración de xustiza. Posteriormente, na organización estatal carolinxia, era un cargo onde se situaban os principais colaboradores do emperador, e que exercían os eclesiásticos da corte. En Castela, o chanceler ou canciller mayor era un dos oficiais maiores da corte, xefe da chancelería real e quen tiña ademais a misión de ordenar o envío de documentos e gardar o selo secreto do monarca, co que ratificaba a súa correspondencia. Afonso VII estableceu a chancelería en Castela e confioulle o cargo a Diego de Xelmírez, arcebispo de Santiago. Trala morte do rei e coa separación dos reinos de Castela e León, o cargo de chanceler na monarquía leonesa pasou aos prelados composteláns, e en Castela desempeñábano os arcebispos de Toledo. Afonso X creou un cargo novo, o chanceler do rei, que se ocupaba dos asuntos xudiciais; aprobaba e despachaba os notarios oidores e alcaldes de apelacións de Castela, ademais de cobrar os dereitos do selado de documentos. Carlos I suprimiuno en 1530. Na coroa aragonesa o chanceler era o presidente do Consello Real, o oficial real de máis alta categoría. O cargo ocupábao un doutor en dereito, preferentemente bispo ou arcebispo e, algunha vez, un infante real. Dirimía asuntos de estado como a expedición de cartas ou documentos internacionais, especialmente nos tratados de paz, e podía examinar e nomear notarios e xuíces. Co tempo converteuse nun cargo honorífico. En Francia, os chanceleres eran grandes oficiais da coroa, de orixe eclesiástica ata o s XIII, que se ocupaban do control da administración e das relacións exteriores, xunto coa inspección da xustiza. A comezos do s XIV Luís X recuperou o cargo, que exercían laicos e que tiña novas atribucións: primeiro maxistrado, substituto do rei no parlamento e no consello real, e inspector de finanzas. No s XVI converteuse en cargo vitalicio. En Alemaña e Austria o cargo de chanceler identificouse co de xefe de goberno, tal e como aconteceu ao formarse a Confederación do Rin (1806), presidida polo arcebispo de Maguncia, chanceler do Imperio.
-
s
m
Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.
-
chanceler do Exchequer [ingl: Chancellor of the Exchequer]
Ministro de Finanzas do Reino Unido. O cargo apareceu no s XIII e adquiriu importancia co paso dos anos. Posteriormente, foi perdendo as anteriores atribucións xudiciais e no s XVIII chegou a ocuparse da facenda nacional.
-
chanceler do selo da puridade
Oficial encargado do selo particular do rei. Ocupábase do selado das cartas que pasaban polo monarca. O oficio desapareceu en 1496, cando este selo pasou ás secretarías do despacho e da cámara.
-
chanceler maior
Secretario que gardaba o selo real e que se ocupaba de poñelo nos documentos, ou ben delegaba nos seus tenentes.
-
gran chanceler das Indias
Funcionario encargado de expedir e referendar os privilexios, mercés e títulos para as posesións de Indias. Tiña ao seu cargo os selos reais para autorizar as cartas e provisións das Indias. O chanceler presidía o Consello cando faltaba o presidente ou o gobernador. Foi un cargo de escasa duración que Carlos V refundiu no Consello de Indias.
-
lord chanceler [ingl: Lord Chancellor]
Membro do gabinete británico que ten o cargo de voceiro da Cámara dos Lores.
-
s
-
s
m
[RELIX]
Funcionario da curia diocesana, encargado de redactar e conservar as actas.
-
s
m
[DER]
Funcionario que, nunha misión diplomática (embaixada, legación, consulado), desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión. Xeralmente, o cargo ocúpao o conselleiro nas embaixadas ou o primeiro secretario nas legacións e consulados importantes.
-
s
m
[EDUC]
-
Cargo universitario, o máis alto da xerarquía académica, representante da autoridade papal ou rexia, sen carácter executivo. No s XII o chanceler do capítulo catedralicio era xeralmente o xefe do ensino diocesano. Cando se formaron as universidades (ss XII e XIII), o cargo converteuse en título honorífico.
-
Cargo con poder xurisdicional que apareceu nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela publicados en 1602. A súa función limitábase a conferir os graos académicos na universidade. A titularidade deste cargo vinculábase á prebenda de provisor do arcebispo.
-
-
s
m
[HIST]
Funcionario responsable da administración nunha escribanía ou nunha corporación, que tiña ao seu cargo notarios e escribáns.