Chancelería Federal Alemana
Chancelería Federal Alemana
Edificio situado en Berlín, construído polos arquitectos Alex Schlutes e Charlotte Frank. Símbolo da Alemaña reunificada, inaugurouse en abril de 2001. No seu patio de entrada está situada a escultura Berlín, de Eduardo Chillida, inaugurada polo chanceler Gerhard Schröder o 25 de outubro de 2000.