Chanteiro

Chanteiro
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de sinople, cun castelo de prata; segunda partición, en campo de sinople, cunha banda de ouro, engulida en cabezas de dragóns de sinople (armas dos Andrade). Outra variante leva escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun cabalo de prata; segunda partición, en campo de azul, cunha banda de prata, engulida en cabezas de dragóns do mesmo metal. Outros levan un castelo e bordo coa lenda “Ave María”.