chanteiro -ra

chanteiro -ra

(< chanta)

  1. s

    Persoa que fai chantos.

  2. s m

    Póla que se introduce na terra para que prenda.

  3. s m

    Pao, estaca ou póla que se crava no chan para facer un valado.

    Sinónimos: chanta, chanto, chantón.
  4. s m

    Pé dunha planta.

    Sinónimos: chanteira.
  5. s m

    Talo da col.

    Sinónimos: coeiro, coiñeiro, couceiro.
  6. s m

    Anaco grande de pan con moita codia.

  7. s m

    Paraugas grande, que se chanta no chan, usado para abrigarse da chuvia e para protexer os produtos dos vendedores das feiras e mercados.