chapacuña

chapacuña

(< chapa + cuña)

  1. s f

    Represa feita no curso dun río da que parten as quenllas para os muíños e prados.

    Sinónimos: tapacuña.
  2. s f

    Parede construída con pedras planas postas de canto na beira dun río para que as enchentes non danen os terreos próximos.

    Sinónimos: tapacuña.
  3. s f

    Pavimento feito coas pedras colocadas de canto. OBS: Rexístrase a locución a/de chapacuña para indicar o procedemento de pavimentar algo con pedras colocadas en forma de canto.

    Ex: No xardín abriron un carreiro á chapacuña.

    Sinónimos: tapacuña.

Palabras veciñas

Chapa | Chapa | Chapa, fortaleza-castelo de | chapacuña | chapacuñar | chapada | chapado -da