Chapa, fortaleza-castelo de

Chapa, fortaleza-castelo de

Situada en Silleda, foi construída no s XIII polos señores de Deza. Sufriu o sitio de Berenguel de Landoira en 1320 e pasou a mans do cabido santiagués ata que os señores de Altamira a recuperaron e reclamaron o dereito de sucesión dos Deza. As Revoltas Irmandiñas deixaron pegada na fortaleza e, durante as loitas revolucionarias de 1846, o xeneral Rubín pasou a noite nela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

chapa | Chapa | Chapa | Chapa, fortaleza-castelo de | chapacuña | chapacuñar | chapada