chapa

chapa
  1. s f

    Lámina de grosor uniforme de madeira, metal ou doutro material duro.

    Ex: Algúns mobles fanse de aglomerado e por riba levan unha chapa de madeira moi fina.

    Confrontacións: placa.
  2. s f

    Carrocería dun automóbil.

    Ex: O coche aínda anda ben pero ten a chapa moi oxidada.

  3. s f

    Placa, xeralmente de metal, usada como distintivo ou adorno.

    Ex: Levamos sempre a chapa identificativa da empresa ben á vista.

Palabras veciñas

chaource* | Chaoyang | Chao’an | chapa | Chapa | Chapa | Chapa, fortaleza-castelo de