cheda

cheda

(< celt *cleta)

s f

Cada unha das pezas laterais da armazón do carro onde se encaixan os fungueiros, na parte superior, e as dentoiras na inferior.

Frases feitas

  • Dar cheda. 1 Axudar a alguén. 2 Axudar a unha persoa a subir a algún lugar. SIN: upar. 3 Axudar as bestas a tirar do carro nunha costa arrimando o ombreiro ao extremo dunha cheda.

  • Manca na cheda! Indica que unha cousa é de boa calidade.