Checo-moravos, cerros
Checo-moravos, cerros
Conxunto de relevos que constitúen a marxe oriental de Bohemia e que a separan da conca do Brno (Moravia). Están formados por materiais antigos (granitos) e esténdense en dirección NL-SO, cunha lonxitude de 150 km e unha altitude máxima que non supera os 850 m. Están cubertos de bosques.