chibo -ba

chibo -ba

(

  1. s

    Cría da cabra ata que deixa de mamar.

    Ex: Imos matar un chibo para a festa do patrón.

  2. s m

    Macho da cabra adecuado para procrear.

    Ex: Só teño tres chibos no meu rabaño.

    Sinónimos: bode, castrón.
  3. s m

    Anzol sen carnada. Ex: Botei o chibo e collín tres maragotas.

    Ex: Botei o chibo e collín tres maragotas.

  4. s m

    Aparello con dous anzois que se emprega para pescar a castañeta.

  5. s f

    Especie de barba do gando cabrío.

    Ex: A chiba da cabra asomaba por debaixo da porta.

    Confrontacións: barbela, barbuxa.
  6. s f

    Pequena barba que se deixa medrar na parte central do queixo.

    Ex: Deixei medrar a chiba porque está de moda.

    Confrontacións: barbuxa.

Palabras veciñas

chibardo | chibcha | Chibiny | chibo -ba | chibro | chica | chicado