"Åland" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 39.

  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Defendeu unha concepción da realidade baseada na idea da asimilación e radicalmente oposta ao evolucionismo de Spencer. Escribiu Vocabulaire technique et critique de la philosophie (1902-1923), co que pretendeu unificar a linguaxe filosófica, Les théories de l’indution et de l’ experimentation (1929) e La raison et les normes (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Traballou na Academia de París (1753), foi profesor do Colexio de Francia (1762) e director do Observatorio de París (1795). En 1751 colaborou con Lacaille na medida da paralaxe lunar, facendo as observacións desde Berlín mentres Lacaille traballaba no cabo Boa Esperanza. Publicou táboas coas posicións dos planetas e do cometa Halley. Deu a coñecer as posicións de 50.000 estrelas e publicou obras de divulgación astronómica, como Histoire celeste française (1801) e Traité d’Astronomie (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten ou tivo desgracias ou reveses na súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortuna mala ou desgraza que lle acontece a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é maligno ou perverso.

    2. Que ou quen engana ou estafa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (36.459 km2; 1.537.275 h [1992]). A súa capital é Mutare (131.808 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (28.347 km2; 856.736 h [1992]). A súa capital é Bindura (21.167 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (57.441 km2; 1.112.955 h [1992]). A súa capital é Chinhoyi (43.054 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (32.230 km2; 1.034.353 h [1992]). A súa capital é Marondera (39.384 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, o máis nororiental do país, situado na fronteira con Myanmar (16.579 km2; 1.988.636 h [2001]). A capital é Kohīma (53.122 h [1991]). É unha rexión montañosa, cun clima caloroso e húmido, que está atravesada por serras do NL a SO e bañada por afluentes do Brahmaputra e o Irauadi. Está habitada polos nagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro de India, situado entre Patna e Rājgīr, centro dunha universidade budista fundada por Kumaragupta I. Posúe unha biblioteca monumental, ampliada constantemente coas achegas de manuscritos feitos como un traballo universitario. Coa chegada da corrente relixiosa budista tántrica, no s XIII, caeu en decadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da África sudoccidental, que está dividida polo río Orange, entre a Little Namaqualand, ao NO da República Sudafricana e a Great Namaqualand, ao S de Namibia. Habitada polos namas, a economía baséase na gandaría e na explotación de importantes xacementos mineiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado británico de África Oriental, independente desde 1964 co nome de Malawi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega (9.141 km2; 377.600 h [2001]). A súa capital é Stavanger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Deputado liberal desde 1866, substituíu a Giolitti como primeiro ministro (1914-1916) e, ao comezar a Primeira Guerra Mundial, mantivo a Italia neutral. Polo Tratado de Londres (1915), aliñou o país coa Triple Entente. Deposto (1916), cooperou inicialmente co fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Suecia central, que recibe o seu nome do pobo prehistórico dos svear e que contra o ano 600 se uniu coa rexión de Götland, ao S, e formou o núcleo do reino de Suecia (80.971 km2). Comprende as provincias históricas de Dalarna, Wärmland, Närke, Västmanland, Södermanland e Uppland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (23.942 km2; 1.521.895 h [2004]). A súa capital é Göteborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nas súas obras primaron os escenarios arquitectónicos en detrimento das figuras, empequenecidas e sometidas ao marco. Tocou temas alegóricos (As catro estacións), costumistas (A Alsaciana), paisaxistas (Vista da Graña), relixiosos (A Visitación) ou históricos (A morte de Cómodo).

    VER O DETALLE DO TERMO