"AID" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • Oficio ou dignidade de alcaide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears (3.461 h [1996]). Rico en cereais e amendoeiras. Foi fundada en 1300 por Xaime II de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela da Osa Maior, de magnitude 1,9, a unha distancia de 160 anos luz. Pertence á clase espectral B3. Ás veces chámaselle Benetnasch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta marroquí. Acadou a plusmarca mundial nas probas de 1.500 m lisos, 5.000 m lisos e 2 millas. Na proba dos 1.500 gañou 39 carreiras seguidas dende 1985 ata 1990. Campión Olímpico (Los Ángeles 1984) e Mundial (Roma 1987) dos 5.000 m. Campión Mundial en pista cuberta dos 3.000 m (Budapest 1989). Medalla de bronce nos 800 m dos Xogos Olímpicos de 1988 (Seúl) e nos 1.500 do Mundial de 1983 (Helsinqui).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide da areca que se presenta en forma de sólido soluble na auga, e que se funde, anhidro, a 232°C. O seu éster metílico é a arecolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe probablemente de orixe galega que leva como armas: en campo de sable, unha torre de pedra ameada, coa súa homenaxe e contramuro; e dúas bandeiras brancas, cada unha de dúas puntas enarboradas en hastas de ouro, saíndo da homenaxe. Outra variante trae, nos cuarteis primeiro e cuarto, un león rampante da súa cor natural, en campo de prata; no segundo e terceiro, unha cruz branca de San Xoán, en campo de goles. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer coa variante gráfica Atayde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, iniciador da literatura chechena. Destacou como autor de novelas e contos como: A fame (1930), onde ataca os principios feudais da relixión, e O departamento político (1930), contra a burocracia. Cultivou tamén o teatro e a poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo das xergas dos canteiros, dos albaneis e dos telleiros que corresponde ás voces ‘si’, ‘ben’, ‘así’ e ‘está ben’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio deportivo vigués inaugurado o 30 de decembro de 1928. Construído pola Sociedade Anónima Stadium de Balaídos, é o escenario dos partidos que o Real Club Celta de Vigo disputa como local dende esa data. En 1945 o R. C. Celta adquiriuno por 950.000 pesetas. En 1946 cedeullo ao concello de Vigo. O estadio de Balaídos foi sede do Campionato do Mundo de fútbol de 1982; por isto, realizáronse obras de remodelación que permitiron a creación, baixo unha das bancadas (Río), de dúas pistas polideportivas e outras instalacións (canchas de squash, ximnasio, vestiarios, parque de bombeiros, etc). Nas proximidades do estadio construíronse pistas de atletismo en substitución das eliminadas no interior do recinto. Ademais, Balaídos ten sido escenario de varios encontros internacionais da selección española contra Portugal, Suecia, Brasil, etc. Nas súas instalacións acolle tamén os museos do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o antigo leito do río Lagares, hoxe atópase en seco nun soar urbano do concello de Vigo. Conta cun único van de pedra con arco de medio punto. Formaba parte do antigo camiño que conducía de Vigo a Baiona salvando o río Lagares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade palestina á beira do lago de Xenesaret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Chartres e posteriormente duquesa de Orleans. Filla de Luís de Borbón, duque de Penthièvre, muller de Luís Filipe Xosé de Orleans e nai do Rei Luís Filipe I de Francia. Presidiu a anticorte parisiense do Palais Royal. Encarcerada en 1793, o Directorio deportouna (1797). Exiliada, viviu na Jonquera, Figueres (1797 e 1801-1808), en Escala, Sarriá (1797-1801), onde creou un pequeno salón literario e político, e en Palermo e Maó (1809 e 1811-1814) ata que puxo fin ao exilio trala caída do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián e oftalmólogo inglés. Foi un dos primeiros en practicar a hipnose con finalidade terapéutica (braidismo) e en describir os fenómenos buscando unha explicación dende un punto de vista psicofisiolóxico. Publicou Neurohypnology, or the rational of nervous sleep considered in relation with animal magnetism (Neurohipnoloxía ou o sono racional dos nervios considerado en relación co magnetismo animal, 1843) e The power of the mind over the body (O poder da mente sobre o corpo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e arqueólogo. Especializado no Pre-neolítico e Neolítico do Oriente Próximo, onde escavou, entre outros, o poboado de Jarmo. É autor da teoría das zonas nucleares para explicar a aparición e o desenvolvemento da economía da produción, a agricultura e a gandería. Entre as súas publicacións destacan The Near East and the Foundations for Civilisation (O Oriente Próximo e os fundamentos da civilización, 1952), Curses to Urban life (Maldicións para a vida urbana, 1962) e The Cultures Bases in the Domestication of Plants and Animals (As bases culturais na domesticación de plantas e animais, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de caer.

      2. caída libre

        Movemento dun corpo sometido unicamente á forza dun campo gravitatorio; por exemplo, o que describe un corpo preto da superficie terrestre. Se non se ten en conta a resistencia do aire, este corpo está suxeito á forza constante F=mg, onde m é a masa do corpo e g a aceleración da gravidade. A ecuación do movemento será m (d 2 x/dt 2 ) =F, ecuación diferencial da que, realizada a integral, se obteñen as ecuacións do movemento uniformemente acelerado:



        FORMULA



        x= x 0 + v 0 t + 1/2gt 2 v= v 0 + gt

        onde v é a velocidade, x as coordenadas espaciais e t o tempo, e o subíndice 0 indica os valores correspondentes ás condicións iniciais.

      1. Pendente dunha superficie cara a abaixo.

      2. Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.

    1. Diminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.

    2. Falta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.

    3. Parte final dun período de tempo.

    4. Cambio do tipo de goberno ou dominio.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lles dá nos países musulmáns aos xefes, tanto militares como civís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.

    VER O DETALLE DO TERMO