"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘morrer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ao chaparro.

    2. De pequena estatura e groso de corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma de chaparro a algunha cousa.

    2. Engrosar unha árbore crecendo pouco en altura.

    3. Quedar unha persoa repoluda, grosa e de pouca estatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal, fundado por Pío X no ano 1908, que publica os decretos pontificios. Substituíu á Acta Sanctae Sedis, publicada dende 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico das radiacións, especialmente das ultravioletas e das infravermellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Sakarya, Turquía (185.187 h [1995]). Centro comercial e agrícola na ribeira do Sakarya.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo que pertence ao grupo dos adapiformes.

    2. Grupo de primates que prosperou principalmente no Eoceno e o Oligoceno inicial en Norteamérica e Europa. Considéranse os antepasados de varios grupos de prosimios vivos (lémures e indris de Madagascar e loris de África e Asia sudoriental) e, indirectamente, dos antropoides; pertencen a este grupo o Adapis, o Smilodectes e mais o Notharctus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero do grupo dos adapiformes, procedente do Eoceno medio (45 Ma) de Europa occidental, caracterizado polas súas fortes e curtas mandíbulas que só mordían verticalmente, sen acción mastigatoria lateral; a súa constitución corporal era flexible e tiñan pernas longas e delgadas, acadando os 40 cm de lonxitude. Probablemente comían plantas duras e fibrosas. O seu cerebro posuía lóbulos temporais desenvolvidos, o que xa o diferenza dos mamíferos non-primates.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de adaptable.

    2. Aptitude dos seres vivos para se axustaren ás variables do medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode adaptar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.

    2. O concepto de adaptación pode empregarse para o artellamento de explicacións funcionais ou finalistas ao explicar antecedente por consecuente, ben que, mercede precisamente ao concepto de adaptación, as formulacións finalistas poidan formularse en termos non finalistas.

      1. Conxunto e resultado das reaccións por medio das que un individuo responde harmonicamente ás diferentes condicións que lle presenta un determinado ambiente, modificándose a si mesmo, ou ben modificando a realidade segundo os propios esquemas.

      2. adaptación sensitiva

        Redución progresiva das sensacións a pesar de  persistiro estímulo.

    3. Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven, ás veces, modificándoo. O medio social ao que a un se adapta consiste noutros individuos, grupos, institucións, relacións sociais de produción, ideoloxías, aparatos do estado, etc. O principal proceso adaptativo é a integración social (incorporación ou inclusión social das minorías étnicas e as comunidades de inmigrantes en condicións de igualdade de dereitos e obrigas sen ter que perder os seus sinais de identidade). Robert K. Merton sinala cinco modos de adaptación individual ás circunstancias: o retiro, a rebelión, a innovación, o ritualismo e a conformidade. A adaptación dos individuos ao seu medio social depende, en gran medida, da lóxica da situación.

    4. Concepto empregado para a explicación das distintas secuencias evolutivas das culturas.

    5. Conxunto de modificacións hereditarias (morfolóxicas, fisiolóxicas, metabólicas e etolóxicas) que permiten a un organismo ou unha especie adecuarse de xeito manifesto ás condicións bióticas e abióticas do medio. O punto de vista actual sobre a adaptación é que os organismos necesitan resolver de xeito beneficioso (determinado polo éxito reprodutivo) as variacións ou modificacións ambientais. Daquela xorde un paradoxo, pois segundo ese concepto a adaptación semellaría precisar dun mundo preexistente que xera un problema (p ex un cambio climático) que a propia adaptación resolvería; deste xeito, elimínase a dialéctica establecida polo proceso evolutivo entre o individuo e o seu medio. Un exemplo clásico da adaptación son os peteiros dos pinzós das Galápagos, descritos por Darwin, e a variabilidade da especie Biston betularia [bolboreta nocturna que vive nos bidueiros das Illas Británicas]. Recoñécense cinco tipos diferentes de peteiros nos pinzóns (de pico grande, de face ampla,...

    6. Transformación dun texto non dramático (narración, guión, artigos xornalísticos) nun texto espectacular. Dende Bertolt Brecht, desígnase así á reescritura teatral dos textos clásicos ou á tradución dun texto estranxeiro. Comunmente, emprégase este termo para designar a reeleboración dunha obra literaria noutra lingua, xénero ou medio expresivo. De feito, as adaptacións de obras literarias ao cine son moi abundantes.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partidario ou favorable á adaptación.

    2. Proxecto de investigación destinado a clarexar o significado adaptativo das estruturas e das condutas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que adapta ou que permite adaptar.

    2. Elemento constituído por unha tarxeta de circuíto impreso, que forma parte dun ordenador e que serve para facer posible o funcionamento e a interconexión entre os diferentes elementos ou partes de que consta, e que non foron preparados para iso no proceso da súa fabricación.

    3. Aparello que permite conectar diferentes elementos electrónicos á rede eléctrica xeral sen necesidade de ningún tipo de pila, adaptando a súa voltaxe.

    4. Peza que axeitada a un aparello permite a intercambiabilidade de certos elementos,  como o obxectivo nas cámaras fotográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algunha cousa apta para un fin ou novo uso de xeito que se axuste ou acomode ás necesidades ou circunstancias.

    2. Acomodarse  a algunha circunstancia, situación  ou contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida da capacidade de adaptación da retina ás variacións da intensidade luminosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado á colonia romana de Xerusalén en honor de Publio Elio Adriano no 130 d C. Logo da revolta de Bar Kokhba (132-135), aos xudeus quedoulles prohibido volver entrar alí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico da presión do aire, aumentada ou diminuída naturalmente, como nos coidados de altura, ou artificialmente, por medio de aparellos pneumáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico de medicamentos en forma de aerosois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades por medio do aire, tanto se é do aire libre como dos baños de aire comprimido, inhalacións e demais.

    VER O DETALLE DO TERMO