"Adela" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

    1. Acción de asedar polo miúdo o liño.

    2. Fenda pequena que aparece no gume dalgunhas ferramentas de aceiro como a gadaña ou a fouce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco de pouca profundidade formado a partir dunha corrente de auga e que adoita atravesar un camiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático co que Roberto Vidal Bolaño gañou en 1980 a oitava e última edición do Concurso Nacional de Obras Teatrais en galego Abrente, que convocaba a Asociación Cultural homónima co gallo da celebración da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. A obra, que confirmaba as expectativas xeradas por un dos autores máis significativos da denominada Nova Dramaturxia, marca o inicio da madureza dramatúrxica do seu autor e indica as liñas que constitúen o que se vai ir configurando como un “teatro de derrota e dignidade”, despoxado de todo idealismo e quizais tamén de calquera esperanza. A peza constrúese a partir de seis baileretadas que constitúen, en realidade, as seis estacións dun viacrucis gozoso no que os derrotados da vida saúdan e abrazan a morte como única posibilidade de vitoria e como última defensa da súa dignidade, sen deixar de facer referencia á vella Galicia rural, un mundo que desaparece engulido pola barbarie alienante das cidades e polo poder que alimenta e xustifica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte prominente do maxilar inferior, debaixo da boca. SIN: barba, barbarote, barbela, papo, queixelo, 2 queixo.

    2. Parte avultada ou colgante de carne, pel ou graxa que teñen debaixo da queixada algunhas persoas. SIN: barbada, barbela, papada, papeira, papo.

    3. Pel que colga do pescozo dalgúns animais, en especial do gando vacún. SIN: barbada, barbela, papada, papeira, papo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Celanova baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Chartres e posteriormente duquesa de Orleans. Filla de Luís de Borbón, duque de Penthièvre, muller de Luís Filipe Xosé de Orleans e nai do Rei Luís Filipe I de Francia. Presidiu a anticorte parisiense do Palais Royal. Encarcerada en 1793, o Directorio deportouna (1797). Exiliada, viviu na Jonquera, Figueres (1797 e 1801-1808), en Escala, Sarriá (1797-1801), onde creou un pequeno salón literario e político, e en Palermo e Maó (1809 e 1811-1814) ata que puxo fin ao exilio trala caída do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Femia do can.

      1. Antiga moeda de cobre de cinco céntimos.

      2. Moeda de valor escaso.

      1. [Scrobicularia

      2. aroliña.

    2. Nome que reciben as eirugas de certas bolboretas e coleópteros que constitúen pragas para os cultivos.

    3. Denominación común dos insectos da orde dos dermápteros, constituída por un milleiro de especies de corpo alongado, de ata 25 mm de lonxitude, de cor castaña escura. A característica máis salientable é que o abdome remata en dous apéndices semellantes a unhas pinzas, nos machos arqueados e nas femias case que rectos; estas poden ter unha función disuasoria, especialmente se son confundidas coas mandíbulas dun insecto meirande. Teñen un aparato bucal mastigador, ollos compostos, antenas longas e finas de ata 50 artellos, ás anteriores curtas e endurecidas formando élitros e, debaixo destas, outro par membranoso, delgado e reticulado (con aparencia de epiderme humana, de onde procede o nome da orde), que en repouso se manteñen dobradas. Non voan con frecuencia e algunhas especies carecen, mesmo, da capacidade de voar. Poñen, normalmente, ata 40 ovos que a femia coida durante o inverno; as crías son atendidas e alimentadas como mínimo durante o primeiro ano, dando lugar a grupos moi unidos...

    4. Muller mala e de xenio moi vivo que semella ladrar coma unha cadela cando fala.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Salto que se realiza xirando o corpo no aire sobre a cabeza.

    2. Acción de cruzar a perna diante doutra persoa para facela caer.

    3. Acción malintencionada coa que se pretende dificultar a realización dalgunha cousa ou os actos dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición destinada ao canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cavar.

    2. Cava pouco coidadosa, realizada na superficie da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chamuscadura suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chupada lixeira e de curta duración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortaleza con baluartes defensivos dentro dunha cidade, construída no interior ou nos arredores dunha praza e nun lugar estratéxico para poder dominala ou defendela, ou como último refuxio da gornición militar. A súa construción xurdiu no s XVI, como consecuencia do fortalecemento do poder real e do perfeccionamento da artillería, e no s XVII estendeuse de acordo coas teorías do enxeñeiro militar francés Vauban. Destacan as construídas en Metz, Estrasburgo, Jaca, Menorca e Pamplona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campamento romano situado á beira da vía 20 que enlazaba Lucus con Brigantium que parece responder a móbiles estratéxicos, como control do paso das mercadorías dende Brigantium cara ao interior. Datado a principios do s II, permaneceu ocupado ata finais do s IV e acolleu unha unidade militar auxiliar con cabalería que procedía do N de África, a Cohors I Celtiberorum. Identificada como campamento romano en 1934 por Ángel del Castillo, García Bellido retomou as escavacións en 1969, que non tiveron continuidade ata 1981, cando o arqueólogo J. M. Caamaño Gesto iniciou un novo período de traballos que proseguiron en 1983 e despois de 1989. O escavado permitiu descubrir un sistema defensivo formado por unha muralla que pechaba un recinto rectangular, coas esquinas redondeadas e as torres proxectadas cara ao interior do campamento, un foxo ao redor e, achegada ao interior da muralla, unha estancia na que apareceu unha ara dedicada a Fortuna. No alto da serra da Corda, que rodea o campamento, existen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga igrexa parroquial situada en Vilasantar. Trátase dunha capela dependente de San Martiño de Armental. A súa decoración permite datala cara ao 1225 e construíuse nun lugar onde se conservan vestixios romanos. Consta dunha nave, cuberta cun teito de madeira, e unha ábsida rectangular con bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz que descansa en dous capiteis-ménsulas, un deles cunha decoración de entrelazados e bólas ornadas con leves incisións. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor apóiase en dúas semicolumnas de bases áticas e con capiteis decorados. O capitel esquerdo consta dunha orde de follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, co contorno resaltado por unha liña de zigzag; na parte superior asoman outras follas que recordan as de crochet, curvadas nos extremos, e que parecen un rostro humano. No capitel meridional combínanse entrelazados adornados con liñas en zigzag, follas nervadas de perfil lobulado nos espacios intermedios,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Filosofía e poeta. Autor de abondosas obras, en Galicia presentáronse os espectáculos Érase que se era la margarita del campo (1971) e La puerta del paraíso (1993), creados a partir de textos homónimos da súa autoría e producidos pola compañía Teatro Keyzán de Vigo, con dirección de Maximino Keyzán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Foi presidente, conselleiro delegado e editor de El Progreso. Licenciouse en Enxeñería Industrial Superior na Universidad Central de Madrid. Durante a súa etapa á fronte do xornal inaugurou a súa primeira rotativa e modernizouno ao incluír a informatización dos servicios administrativos e informativos. Foi cofundador das axencias informativas Imagen Press e Axencia Galega de Noticias (AGN). Paralelamente, ocupou a xefatura do gabinete de Hixiene e Seguridade no Traballo, a delegación en Lugo do Colexio de Enxeñeiros Industriais e a vicepresidencia do Círculo das Artes. Foi, así mesmo, membro do consello de administración de Caixa Galicia e creador do Premio Literario Ánxel Fole.

    VER O DETALLE DO TERMO