"Agni" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 30.

    1. Característica dun corpo que pode ser medida.

    2. Importancia ou grandeza de algo.

      1. Característica dun astro relativa á súa luminosidade, que consiste nun valor numérico que se atribúe arbitrariamente e que permite establecer unha clasificación comparativa. Xeralmente emprégase a magnitude aparente.

      2. magnitude absoluta

        Magnitude aparente que tería un astro se se situase a unha distancia de dez parsecs da Terra. A magnitude absoluta M relaciónase coa magnitude aparente m pola fórmula M = m + 5 log 10 D, onde D é a distancia do astro á Terra medida en parsecs.

      3. magnitude aparente

        Medida do fluxo luminoso que un observador terrestre recibe dun astro. Antigamente, Hiparco de Nicea clasificou as estrelas visibles segundo unha escala de magnitudes, que ía de 1 a 6. Actualmente, defínese a partir da lei de Pogson, de maneira que os valores da magnitude aparente así definida coinciden cos da escala antiga. 

      4. magnitude bolométrica

        Magnitude aparente medida computando a enerxía total radiada polo astro, é dicir, as radiacións ultravioletas, visibles e infravermellas.

      5. magnitude fotográfica

        Magnitude aparente dun astro medida utilizando como detector unha placa fotográfica normal.

      6. magnitude fotovisual

        Magnitude fotográfica dun astro medida cunha placa fotográfica que ten unha sensibilidade comparable á do ollo humano para todas as lonxitudes de onda da luz visible.

      7. magnitude visual

        Magnitude aparente dun astro medida utilizando o ollo humano como instrumento de detección.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi a figura máis importante do verismo italiano, de marcado ton dramático, e o creador da coñecida Cavalleria Rusticana (1889), coa que triunfou na súa estrea en Roma, e de óperas como L’amico Fritz (1891), Le Maschere (1901) e Nerón (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de amonio, de fórmula (NH4)2SO4. Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en forma de láminas brancas monocristalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista, fillo e sucesor de Piero I de Medici como señor de Florencia (1469-1492). Morto o seu irmán Giuliano I, pasou a ser único rexedor da república, pero actuou como un señor absoluto. Enfrontado ao Papa Sisto IV, concertou unha política que determinou o equilibrio de forzas da Península Itálica. Fortaleceu o poder familiar por medio do seu fillo Giovanni, futuro Papa León X, e, pola súa educación humanística, converteuse nun gran mecenas dos poetas, artistas e filósofos. Cultivou a actividade literaria e escribiu rimas e un Comento en prosa. Tamén escribiu a disputa filosófica Altercazione (1473-1474), o poema “Ambra” (1486), o Simposio, os Canzoni a ballo, as Canti carnascialeschi e os Laudi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding industrial francés fundado en 1863 polos irmáns André e Édouard Michelin. Agrupa máis de 80 empresas distribuídas en diversos países, dedicadas principlamente á fabricación de pneumáticos e cubertas de caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico virólogo francés. Licenciado en Medicina e Ciencias Naturais (1955), e doutorado en 1960; foi director do Institut Pasteur, e do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) desde 1974. En 1983, el e o seu equipo, conseguiron illar o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), causante da SIDA. Desde 1993 preside a Fundación Mundial para a Investigación e Prevención da SIDA. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica (2000), xunto con R. Gallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial musical de Milán que fundou Giovanni Ricordi (1785-1853) en 1808. Editou as principais óperas de Rossini, Donizetti, Bellini ou Pacini. O seu fillo, Tito Ricordi (1811-1888), ampliou o negocio e converteuse no editor de Verdi e Pucini. A empresa iniciou a súa expansión en 1912 e cambiou de propietarios en 1919. En 1994 pasou a formar parte do grupo Bertelsmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade industrial belga de produtos químicos fundada en 1863 por E. Solvay, con sede en Bruxelas. Foi unha das principais sociedades do sector e en 1920 participou na constitución do cártel internacional da sosa, xunto con dúas empresas británicas, feito polo que a súa notable expansión internacional quedou circunscrita ao centro e S de Europa, ata que durante a Segunda Guerra Mundial se instalou en Brasil e penetrou no mercado estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excitación sexual asociada cos ouriños ou o acto de ouriñar.

    VER O DETALLE DO TERMO