"Alor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 78.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista xuvenil aparecida en Vigo a finais do século XX que contiña numerosas historietas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de radiación visible dun corpo que foi sometido a unha radiación infravermella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘calor’.
-
-
-
[cal] Unidade de cantidade de calor, desaconsellada polo SI. Definiuse orixinariamente como a cantidade de calor necesaria para aumentar a temperatura dun gramo de auga destilada de 14,5°C a 15,5°C, a presión atmosférica normal constante. De acordo co principio de conservación de enerxía, prefírese definila en unidades de traballo; así, existe a caloría termoquímica, 1 cal th = 4,184 J (1948), a caloría a 15°C ou caloría propiamente dita, 1 cal 15 = 4,168 J (1950), e a caloría IT ou a caloría de táboas internacionais, 1 cal<J>IT</J> = 4,1868 J (1956). Ten como múltiplos a gran caloría ou quilocaloría, 1 kcal = 10 3 cal, e a termia, 1 th = 10 6 cal.
-
caloría gramo/pequena caloría
Caloría, especialmente en oposición a gran caloría.
-
gran caloría
quilocaloría.
-
-
Unidade empregada para indicar a cantidade de calor liberada polos alimentos durante os procesos de oxidación. Aínda que o seu uso está moi estendido, o SI aconsella substituíla polo joule (1 J = 0,239 cal); en nutrición utilízanse principalmente os múltiplos quilojoule (kJ) e megajoule (MJ). O sistema SI recomenda tamén substituír o termo calórico e os seus derivados por enerxético e derivados.
-
-
-
Relativo ou pertencente á calor ou á caloría.
-
Fluído hipotético indestrutible e imponderable que ocupaba os espacios intermoleculares dos corpos materiais, segundo unha teoría desenvolvida durante o s XVIII, a partir de Joseph Black. O paso espontáneo do calórico dun corpo a outro determinaba variacións de temperatura nos dous corpos. Lavoisier, ao formular a súa teoría dos gases e da respiración, baseouse nesta teoría. Cando os traballos de Rumford (1789) sobre o quentamento dos metais e a fusión do xeo demostraron que a calor non era unha substancia senón un movemento, esta teoría foi totalmente rexeitada.
-
-
-
Que conduce ou propaga a calor.
-
Aparato ou dispositivo utilizado para quentar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos que permiten a produción de calor e o seu mantemento.
-
-
Que produce calor ou que quenta.
-
Relativo ou pertencente á calor.
-
poder calorífico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calorifugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicar un calorífugo a algunha cousa.
-
-
Que é mal condutor ou se opón á transmisión da calor.
-
Aplícase a un sistema separado do contorno por unha parede atérmana.
-
Que non se pode queimar.
-
Substancia que illa a calor e que se emprega para evitar perdas por condutibilidade ou radiación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da física experimental que trata a medida da enerxía en forma de calor que se transfire en cambios físicos ou químicos. A calor pode ser medida cuantitativamente mediante o calorímetro, coa observación dos efectos que produce. Os máis importantes son: a elevación da temperatura dunha substancia ao subministrarlle calor, o cambio de fase dunha substancia, como de sólido a líquido ou de líquido a gas, e a transformación da enerxía química, eléctrica ou mecánica en calor, ou viceversa. Son obxectos da calorimetría as medidas da calor de combustión, da calor de reacción, da capacidade calorífica, da calor específica e das calores de transformación.
-
-
Relativo ou pertencente á calorimetría.
-
Coeficientes que expresan a cantidade de calor recibida pola unidade de masa dun corpo en función das variacións de presión P, volume V e temperatura T, cando unha destas permanece constante. Estes coeficientes son a calor específica a presión constante C p , a calor específica a volume constante C v , a calor de aumento de presión isoterma h, a calor de dilatación isoterma l e os coeficientes, sen nome propio, λ e μ.
-
-
-
Aparato que mide a cantidade de calor emitida ou absorbida nun proceso físico ou químico. Hainos de diversos tipos: o calorímetro non isotérmico, que o fai mediante o aumento de temperatura, ou o calorímetro isotérmico que o realiza a través dunha transformación física, xeralmente unha dilatación ou un cambio de estado dun corpo de masa e calor específica coñecidos, denominado corpo calorimétrico.
-
Calorímetro non isotérmico que utiliza como corpo calorimétrico un metal dunha gran condutividade calorífica, como por exemplo o cobre, para acadar unha igualación rápida de temperaturas. É válido para un intervalo de temperaturas duns 300°C.
-
Calorímetro aneroide somerxido no hidróxeno líquido nun vaso Dewar, ideado por Walther Hermann Nernst.
-
Calorímetro non isotérmico empregado para determinar as calores de combustión de combustibles sólidos e líquidos mediante o proceso seguinte: unha masa coñecida de combustible introdúcese nunha bomba de aceiro chea de osíxeno para asegurar a combustión completa; despois, a bomba colócase nun calorímetro de auga, onde se provoca a combustión. Coa medida da elevación de temperatura e o coñecemento da masa de auga, xunto co equivalente de auga do calorímetro e da bomba, pódese calcular a calor de combustión.
-
Calorímetro non isotérmico disposto para determinar o equivalente mecánico da calor. Calcúlase medindo as temperaturas na entrada e na saída dun tubo, envolto por unha resistencia eléctrica, por onde pasa un caudal de auga coñecido. Cómpre saber, ademais, a potencia eléctrica gastada.
-
Calorímetro non isotérmico utilizado para calcular as calores específicas a temperatura ambiente por medio da temperatura na que queda unha mestura da substancia problema cun líquido, a unha temperatura inicialmente diferente e tamén coñecida.
-
Calorímetro isotérmico, ideado por Robert Wilhelm Bunsen, empregado para medir a calor específica das substancias a partir da contracción de volume que se produce ao fundir unha certa cantidade de xeo, cando se introduce a substancia problema a temperatura elevada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que consiste en recubrir diversos metais (aceiro, cobre, ferro) cunha fina capa dunha mestura de alumina e pos de aluminio e, de seguida, quentalos a 1.000°C nunha corrente de hidróxeno. Os obxectos que reciben este tratamento adquiren unha gran resistencia á oxidación, mesmo a altas temperaturas, e aos axentes corrosivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo que quenta, por intercambio con vapor, o líquido de extracción na fabricación do azucre, na etapa de difusión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter un obxecto ao proceso de calorización.
-
-
Que provoca ou fai sentir calor.
-
Que manifesta afecto ou entusiasmo.
-
-
-
Relativo ao encéfalo e á columna vertebral.
-
Líquido incoloro situado no espacio subaracnoidal, nos ventrículos cerebrais e na epéndima. Fórmase mediante un proceso de ultrafiltración e segregación activa, nos plexos coroidais dos ventrículos laterais e do cuarto ventrículo, e nos vasos do espazo subaracnoidal. A súa circulación intercálase entre a arterial e a venosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.