"Ambre" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 32.

  • Museo arqueolóxico situado en Cambre. Creouse en 2001 para acoller os restos romanos atopados na vila e a reconstrución do xacemento. Integrouse na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Ulla pola dereita que nace na parroquia de Maceda e desemboca na de Pidre (Palas de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Palas de Rei. Está realizada en cachotaría e cantaría de granito por Gonzalo Ozores Ulloa en 1378 e sitúase nun promontorio debido a súa función, inicialmente defensiva. Ten catro torreóns e está rodeada de foso e muralla. O acceso ao interior realizábase a través dunha ponte. No portón da entrada, un arco de medio punto, sitúase o escudo de armas dos Ulloa. Destaca a súa capela, de nave única e ábsida cuadrangular e a torre de homenaxe, cuberta con bóveda de canón e situada nunha das esquinas do patio central. Conserva outras torres tamén con ameas. Foi un dos poucos castelos que superou as Guerras Irmandiñas, aínda que posiblemente sufriu unha reforma no s XV. Perdida a súa finalidade defensiva e económica, a familia Ulloa aforouna a un particular en 1845. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Bélxica e do N de Francia, afluente pola esquerda do Mosa (192 km). Nace nas Ardenas occidentais e desemboca no Mosa en Namur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica. Nace a 500 m de altitude na parroquia da Porta, no concello de Sobrado, da confluencia de varios regos que drenan os montes do Bocelo, entre eles o Rodelo, que forma a lagoa de Sobrado. O seu curso adopta unha dirección básica L-O, que se adapta ás fracturas tectónicas que atopa ao seu paso, e coa que drena os concellos de Sobrado, Vilasantar, Mesía, Boimorto, Frades, Arzúa, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela e Trazo. A partir do límite entre estes dous últimos concellos a súa dirección vira definitivamente cara ao SO. Atravesa entón os concellos de Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión e Negreira, servindo de límite municipal entre eles, como xa fixera nalgúns casos no seu curso alto. O encoro Barrié de la Maza represa o seu caudal ao longo de 14 km. A partir de aquí, o seu curso, que nos seus primeiros 30 km se dirixía cunha suave pendente, continúa o seu percorrido polo límite entre Negreira, Outes e Noia cunha pendente máis acusada. Desemboca na ría de Muros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela e pertencente ao grupo Edelvives. Dirixida por Antonio Martínez Fernández, José Luis Llana Gutiérrez e Isabelino Reine Carrasco, ten máis de douscentos libros publicados. Céntrase fundamentalmente na edición de literatura infantil e xuvenil, libros e manuais de texto para primaria, secundaria e bacharelato, e produtos multimedia. Divide a súa produción editorial nas coleccións: “Ala Delta”, “Catavento”, “Álbum de cores”, “Podo ler... inglés”, “A Casiña”, “Os libros grandes da ratiña pequena”, “Cadernos”, “Ler e colorear” e “Coloreo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Noia a partir do 3 de decembro de 1879. Cesou o 9 de xullo de 1881. Subtitulado “Periódico bisemanal de intereses generales, noticias y anuncios” editouse nos obradoiros de Xosé Rodríguez Ruibal, que chegou a ser o seu propietario. Antes foi propiedade de Ramón Lira e estivo dirixido por Andrés Rey. Incluíu sucesos, notas de sociedade, poesías e folletín. Foi rival doutro xornal local, El Zumbido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao NL da capital provincial, regado polo río Torío (9.772 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de secaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘escaleira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bailar’.

    VER O DETALLE DO TERMO