"Amil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 182.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacteria anaeróbica presente no tubo dixestivo dos mamíferos. Realiza unha acción fermentativa intensa que degrada os glícidos coa produción de ácido butírico (fermentación butírica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico co que se coñecen as dextrinas obtidas por hidrólise do amidón, que proporcionan unha coloración vermella ou violácea co iodo, chamadas tamén amidón soluble. Forman pos brancos que se empregan como indicador en iodometría e para determinar o poder diastático da malta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello utilizado para medir e rexistrar as variacións de viscosidade dunha suspensión de fariña en auga a consecuencia da amilólise producida pola actividade α-amilásica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido mediante o emprego dun amilógrafo.
-
-
Semellante ao amidón.
-
Proteína complexa formada por unha fracción fundamental de natureza globulínica e unha pequena proporción asociada de mucopolisacáridos sulfurados. É unha substancia amorfa, hialina, tinguida de azul, como o amidón, por causa do iodo. Se se acumula en exceso en determinadas vísceras, causa a amiloidose.
-
Nome xenérico das variedades de hidrocelulosa, de peso molecular relativamente baixo, formadas por algunhas decenas de unidades de glicosa, que proporcionan na auga solucións coloidais ou xeles. Denomínanse deste xeito porque o iodo tíngueos de azul, como fai co amidón.
-
Afección causada pola infiltración de amiloides no sistema nervioso. Maniféstase con síntomas sensitivos e motores, análogos aos da polineurite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza de causa descoñecida caracterizada polo depósito extracelular dunha substancia proteica (amiloide) que invade diversos tecidos e vísceras do organismo e os vai destruíndo. Fundamentalmente diferéncianse dous tipos: a amiloidose primaria, asociada ou non ao mieloma múltiple e a amiloidose secundaria, asociada a outras doenzas crónicas inflamatorias, infecciosas ou cancerosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Degradación parcial ou total do amidón e das substancias amiláceas en xeral, que pode producirse por hidrólise (ácida ou enzimática) ou por despolimerización (por acción da calor ou de enzimas). A amilólise dá lugar á liberación de azucres redutores (maltosa e glicosa). Industrialmente efectúase por tratamento con ácidos minerais ou con preparacións enzimáticas ricas en amilasas. Intervén na fabricación de bebidas, na panificación, na fermentación acetónico-butílica do amidón e na industria téxtil.
-
-
Relativo ou pertencente á amilólise.
-
Capacidade das preparacións enzimáticas a base de amilasas de producir amilólise. O poder amilolítico adoita diminuír co tempo de almacenamento e pola acción de temperaturas elevadas e co exceso de ácido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido ramificado, constituído unicamente por unidades de glicopiranosa α, que constitúe a fracción insoluble en auga quente do amidón e dá unha coloración violeta co iodo. O enlace entre as unidades glucosa faise nas cadeas lineais como na amilosa, pero as ramificacións prodúcense mediante enlaces glicosídicos α entre o hidroxilo semiacetálico e o hidroxilo da función alcol primario en posición 6. Os enlaces 1-6 son resistentes ás amilasas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leucoplasto que sintetiza amidón e que o acumula en capas concéntricas formando grans, que ao medrar van distendendo o leucoplasto, e que, á súa vez, queda reducido a unha fina película que envolve os grans. Os amiloplastos abundan en certos tecidos de reserva vexetais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
α-Amilasa cristalizada, de peso molecular aproximado 45.000, que se extrae do páncreas do porco e que se emprega en medicina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que funde a 241°C. É un diurético aforrador de potasio que potencia o efecto das tiazidas. Emprégase no tratamento da hipertensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido lineal constituído unicamente por unidades de glicopiranosa α, que forma a fracción soluble en auga quente do amidón e dá coloración azul co iodo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de amidón por polimerización de glicosa procedente da fotosíntese ou de reservas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce amidón.
-
PERSOEIRO
Catedrático de Literatura Italiana que publicou numerosos estudios críticos. Da súa produción teatral, influída polo verismo francés, destacan: Le Rozzeno (1891), Danza Macabra (1893) e Terra o fuoco (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade das células hepáticas de almacenar unha cantidade normal de glicóxeno.
-
-
Relativo ou pertencente aos bamilekés ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo bamileké.
-
Pobo bantú, que integra ao redor de 500.000 individuos, dos altiplanos do Camerún Occidental, no territorio coñecido como País Bamileké, con capital en Dschong. A base económica dos bamilekés é principalmente agraria (millo miúdo, millo e cacahuete); así mesmo, dedícanse ao comercio en diversas rexións do Camerún, fóra do seu lugar de orixe. Falan unha lingua do grupo bantú. Traballan os metais e fabrican obxectos de barro. Viven en pequenos poboados de casas de planta cuadrangular e de cuberta piramidal. A estrutura familiar é patriarcal políxina; ademais, adoptaron a relixión musulmá ao seu modo de vida tradicional preislámico. Constitúen unha das poboacións máis importantes do Camerún.
-
Grupo de linguas africano da familia bantú e do grupo bantoide banwe-congo. Inclúe vinte e catro linguas diferentes, faladas por 500.000 individuos bamilekés do Camerún. Proceden do bamileké, do bomugún e do banganté.
-
-
GALICIA
Diplomático e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en Economía pola Universidade de Cambridge. Foi profesor na escola de Guerra Naval e na escola de Finanzas Internacionais. Tras acceder á carreira diplomática participou nas negociacións entre España e a CEE como secretario xeral da Delegación Negociadora Española e como secretario da Comisión Interministerial de Relacións coa comunidade (1965-1970). Foi secretario da embaixada da Delegación española ante os Organismos Internacionais en Xenebra (1970) e director xeral de SODIGA. Escribiu El acuerdo de España en el Mercado Común.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e diplomático. Foi cónsul en Manila e Casablanca. Colaborou nos xornais de Tui La Novedad, Tuy Humorístico e La Opinión. Publicou traballos sobre Ibsen, Hauptman, D´Annunzio ou Suderman, traducións de diversos autores (Tolstoi, Maeterlinck ou Gorki) e a obra Luciérnagas (1900), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO