"Aram" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 169.

  • Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha banda axadrezada de ouro e goles en dúas ordes. Pode aparecer tamén coa forma Caramillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [turco: Qarama

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un lobo de sable pasante ao pé do tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exclamación que manifesta dor, sorpresa ou anoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa de xeo que se forma nun líquido cando vai moito frío.

    2. Anaco de xeo de forma alongada e puntiaguda que se forma nas cornixas pola acumulación de pingas de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito acedo e comestible que dá a caramboleira. É unha baga dividida en cinco celas, de cor amarela verdosa, que ten unha sección transversal en forma de estrela. Caracterízase polo seu sabor agridoce que a fai ideal para macedonias e bebidas refrescantes. Tamén se emprega como aderezo.

    2. Xogada de billar que consiste en tocar coa bóla que se golpea as outras dúas bólas, ou a unha soa e esta, á súa vez, á terceira.

    3. Dobre efecto, conseguido por sorte e non por habilidade, que resulta dunha soa acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Averrhoa carambola, Fam das oxalidáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogador de billar hábil que fai frecuentemente carambolas cando xoga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado tartésico situado preto de Sevilla, ocupado dende o s IX a C ata o s VII a C. Do nivel inferior (s IX a C), procede unha produción de cerámica local, con influencias orientais, de vasillas realizadas manualmente con decoración en retícula brunida e pintadas á man con decoración xeométrica (tipo Carambolo). A partir do s VIII a C, por consecuencia das relacións cos fenicios, impúxose a cerámica con torno. Do nivel superior (s VII a C), procede un conxunto de vinte e unha xoias de ouro (pectorais, brazaletes e plaquetas) de morfoloxía e técnica fenicia. Ese conxunto, coñecido como Tesouro do Carambolo, descubriuse en 1958 e está depositado no Museo Arqueológico de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que xurdiu na comarca do Barbanza no outono de 1989 co subtítulo de “Voceiro de Xoves Culturais do Barbanza”. Dirixida e coordinada por Elixio Villaverde García, editaron o primeiro número o ano no que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro. Incluía artigos, poemas e narracións de Moncho Ares, Concha Iglesias, Xosé Agrelo e Xosé Manuel Rivas, entre outros. Reproduciu amais, poesías de C. E. Ferreiro e de Ramón Martínez López, e algunhas cantigas populares da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento rústico de vento, feito con cana ou madeira, que pode ter embocadura de frauta, ou ben de lingüeta (dobre ou simple e batente).

    2. Corno da cabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo de pirólise que, por medio de temperaturas de máis de 100°, fai reaccionar fundamentalmente os azucres, que se deshidratan e se fragmentan molecularmente. Este cambio dá lugar a compostos aromáticos característicos e a pigmentos escuros. Este proceso actúa na panificación de certos produtos, en derivados lácteos sometidos a altas temperaturas e na obtención de caramelos comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa (180-190°C) ou glicosa (198°C), engadindo pequenas cantidades dun álcali. Pode conseguirse un líquido ou un sólido amorfo máis ou menos escuro, como resultado da caramelización de distintos hidratos de carbono en presenza de álcalis. O caramelo úsase na elaboración de flans, cremas e outras especialidades pasteleiras, ademais de como colorante en determinadas bebidas, en xeral non alcohólicas.

      2. Alimento de formas moi diversas (pastillas, barras, etc), que está formado por unha pasta de azucre, glicosa e outros ingredientes concentrados mediante calor que, unha vez fríos, endurecen sen cristalizar. Polo xeral, engádeselle aroma e cores. Na súa formulación poden intervir graxas, diversos recheos, acidulantes, etc.

    1. carambelo.

    2. Aroma característico do viño de Madeira e de determinados viños licorosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de confección creada na Coruña por José Antonio Caramelo e Luis Gestal, á que se uniu posteriormente Javier Cañás Caramelo como deseñador. Iniciaron a súa actividade coa fabricación de impermeables e posteriormente ampliaron a súa oferta ata cubrir a totalidade das pezas de vestir de home e muller. En 1971 lanzaron ao mercado as marcas Chelton, Yale e Tommy Harrods e en 1984 a marca Caramelo, o que supuxo a adaptación da empresa cara aos mercados internacionais. A súa produción supera o millón de pezas anuais, factura máis de 9.500 millóns de pesetas e emprega directamente a 600 persoas. Posúen tendas distribuídas por España, Portugal, Chile, México e China e proxectos de expansión cara a Francia, Alemaña, Italia ou Suecia. Participante nos desfiles realizados en Galicia, como Luada, en España, como o Salón Gaudí de Barcelona ou a Pasarela Cibeles de Madrid, ou fóra de España, como as mostras Pitti imagine uomo, de Florencia, Herren mode Woche, de Colonia, e o salón SHEM, de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido como Vari Caramés, ao longo da súa traxectoria profesional organizou numerosas exposicións individuais, entre as que destacan as celebradas no Ateneo da Coruña (1985), no Centro de Estudos Fotográficos en Coimbra (1987), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1989), na Bienal de Fotografía de Vila Franca de Xira, en Lisboa (1995), e dúas retrospectivas, unha no Festival Internacional de Fotografía, en Bos Aires, e outra en Montevideo, na sala do ministerio de Educación y Cultura. Amais participou en exposicións colectivas como: Antropologia e memória (1987) da Fundação Gulbenkiam, en Lisboa; Confrontaciones (1988), no Museo Español de Arte Contemporáneo, en Madrid; Fotografía española contemporánea. Un paseo por los 90 (1995), celebrada en Lisboa, Atenas, Varsovia, Bremen, Utrecht e Manchester; 150 años de fotografía española (1999), no Círculo de Bellas Artes de Madrid; e Desde mi ventana (2000), no Château de Eau, en Toulouse. Colabora en numerosas publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Málaga, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La Hacienda del municipio de Vigo 1900-1975. Profesor axudante na facultade de Dereito de Santiago de Compostela ata o ano 1982, na que foi decano, e catedrático de Facenda Pública da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversos medios de comunicación e é autor de Fiscalidad de las áreas metropolitanas (1992), Introdución a la hacienda local y autonómica (1994), Los problemas de la financiación autonómica, una perspectiva desde Galicia (1997), Gobiernos autonómicos y sostenibilidad de la deuda pública, el caso de la Xunta de Galicia (1998) e Capital público y crecimiento económico en las comunidades autónomas (1999). Foi presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evaristo Caramés Medín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo primitivo de compás usado polos árabes, que consistía nunha agulla magnetizada provista dun flotador ou situada nun canón, que se somerxía en auga.

    VER O DETALLE DO TERMO