"Atis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 141.

  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘mirar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ollo’.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘espello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos albaneis que corresponde ás voces ‘mirar, ver’.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ver’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘comprender’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de automático.

    2. Elemento ou conxunto de elementos que, debidamente aplicados a unha operación, a unha máquina ou a un proceso, teñen a propiedade de automatizalo.

    3. Técnica literaria defendida polos escritores surrealistas que consiste en escribir maquinalmente, evitando a intervención da vontade, para tentar reproducir o funcionamento real do pensamento.

    4. Execución de diferentes actos sen a intervención da vontade. Os actos efectuados dunha maneira automática poden ser consecuencia dos reflexos ou dunha aprendizaxe.

    5. Propiedade pola que o corazón se contrae segundo un ritmo regular que non depende da inervación nin de ningunha influencia exterior.

    6. Teoría que quere explicar os movementos dos animais por medio de principios mecánicos, a diferenza do home, que se move pola súa propia vontade. R. Descartes foi o filósofo máis destacado desta teoría.

    7. Síndrome caracterizada pola produción espontánea e involuntaria de impresións, ideas, recordos, etc, que se impoñen á consciencia do enfermo, quen os atribúe a unha acción estraña a el. Constitúe o nó das psicoses delirantes e alucinatorias crónicas, aínda que tamén se pode presentar noutras situacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consecuencia dun feito que dá satisfacción á propia persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración traumática do oído producida por exposición a cambios de presión atmosférica que determinan unha diferenza entre as presións atmosférica e intratimpánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artefacto submarino autónomo ou telecomandado capaz de somerxerse a grandes profundidades, destinado xeralmente á observación e ao estudo do fondo do mar. Componse dunha cabina esférica, na que viaxan os ocupantes, e dun flotador naviforme. O primeiro aparato deste tipo, o FNRS 2, foi construído en Bélxica por A. Picard. Outro modelo, o Trieste, construído polo mesmo A. Piccard xunto co seu fillo, conseguiría en 1959 descender ata os 5.486 m na Fosa das Marianas, a carón da illa de Guam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esfera destinada a acadar grandes profundidades mariñas. A súa finalidade era investigar a fauna. A primeira foi construída en 1930 por William Beebe, coa colaboración de Otis Barton, e estaba sostida desde un barco por un cable de aceiro. En 1934 cerca das Bermudas conseguiu somerxerse a 906 m de profundidade. Incapaz de manobrar por ela mesma, a batisfera foi substituída polo batiscafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de liño ou de algodón, branco e moi fino, usado na confección de panos de man, camisas e lencería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Foi o home forte do país dende a década dos anos trinta ata o triunfo da Revolución Cubana. Alistouse no Exército en 1921 e no ano 1933 dirixiu o golpe de Estado que derrocaría o Presidente Carlos Manuel de Céspedes, fillo do primeiro Presidente da República. Convertido en xefe supremo do Exército, fíxose co control do goberno cubano a través dunha serie de gobernos títeres, nos que influíu tanto na súa elección como na súa destitución. En 1940 gañou as eleccións, grazas a ter todo o aparato do Estado ao seu favor, e pasou a ocupar a presidencia ata 1944, momento no que saíu derrotado fronte ao ex-presidente Ramón Grau San Martín. As medidas que levou a cabo tiveron un marcado carácter populista, buscando o apoio das masas mediante a promoción das obras públicas, a educación e a sanidade. En 1952 protagonizou un golpe militar, consentido polos EE UU, contra o entón Presidente Carlos Prío Socarrás, dando lugar a unha ditadura persoal caracterizada pola brutalidade e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superlativo de beato, que adoita aplicarse á Virxe María como Nai de Deus e ao Papa como o seu representante na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Análise de datos biolóxicos mediante a aplicación dos procedementos e métodos estatísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dobremente pinnatisecto, como ocorre coas follas pinnatisectas que, á súa vez, presentan divisións pinnatisectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apareceu en Santiago de Compostela ao redor de 1988. Era unha publicación da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Economía e Facenda en colaboración co Instituto Galego de Estatística. O último número que se editou data de 1991. Este boletín redactouse en galego e contou con seccións dedicadas ao “Movemento natural da poboación”, “Emprego e paro”, “Gandería e pesca”, “Transportes e comunicacións”, “Turismo, consumo e prezos”, “Finanzas” e “Bibliografía”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estatística cuántica que rexe o comportamento dun conxunto de bosóns indiscernibles e independentes. Os bosóns non obedecen ao principio de exclusión de Pauli e, polo tanto, non pode haber un número calquera nun mesmo estado cuántico. Pódese demostrar que o número medio de bosóns no estado de enerxía E é

    FORMULA

    onde k é a constante de Boltzmann, T a temperatura absoluta do sistema e μ unha constante determinada pola condición Σn<J>E</J>=N, onde N é o número total de partículas do conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Eslovaquia e do kraj da Eslovaquia Occidental (451.395 h [1998]). Situada na beira esquerda do Danubio, é un dos portos fluviais e centro comercial da chaira da Eslovaquia Occidental. No conxunto histórico da cidade sitúanse as principais institucións do estado e o centro financeiro, que entre outras entidades acolle a Bolsa de valores. Na periferia da cidade está o núcleo industrial especializado nos sectores da goma e materias plásticas, o alimentario e o de maquinaria pesada. Así mesmo, é un centro turístico importante. Posúe unha refinería que trata o petróleo procedente do Volga, por oleodutos. É centro de comunicacións por estrada e ferrocarril, e ten aeroporto internacional. Entre os centros culturais que acolle cómpre salientar a Academia de Ciencias, o Museo Nacional e a Galería Nacional; entre os universitarios, a Univerzita Komenského Bratislava, fundada en 1919, a Slovenská Vysoká Skola Technicka Bratislava, fundada en 1938, e a Visoká Skol a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Influencia abusiva no funcionamento dun estado por parte da burocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Unión Demócrata Cristiá xurdiu en Alemaña nas cidades de Berlín, Colonia e Düsseldorf no ano 1945. Integrada fundamentalmente por católicos e protestantes, gobernou na República Federal de Alemaña coa colaboración da Christlich-Soziale Union bávara desde o ano 1949. Os chanceleres K. Adenauer, L. Erhard e K. G. Kiesinger desenvolveron unha economía social de mercado na que o estado vixiaba as operacións e evitaba a desigualdade. Nas eleccións de 1969 a CDU pasou á oposición, presidida desde 1973 por H. Köhl. O partido chegou novamente ao poder no ano 1982 e gobernou en coalición co Partido Liberal. Reafirmou o seu liderado ao vencer nas primeiras eleccións da Alemaña reunificada no 1990. O chanceler H. Köhl, inspirador da política do partido no proceso de reunificación, permaneceu no poder e á fronte do partido ata 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO