"Balla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua inglesa. É autor de novelas e contos de ciencia ficción, onde reflicte as reaccións dos personaxes obrigados a enfrontarse a un ambiente hostil. Destacan as súas narracións The Disaster Area (A rexión devastada, 1967), The Atrocity Exhibition (A exhibición atroz, 1970), Vermilion Sands (Areas vermellas, 1973), The Terminal Beach (A praia terminal, 1992), e as novelas The Drowned World (O mundo anegado, 1962), The Drought (A secura, 1965), Crash (Estalido, 1973), Hello America (Ola América, 1981) e a autobiográfica The Empire of the Sun (O imperio do sol, 1984), levada ao cine por S. Spielberg no 1988, onde evoca a súa nenez nun campo de concentración xaponés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e educador galés. Compuxo uns tests colectivos para medir a intelixencia e o traballo escolar, e poñer de manifesto as diferencias de desenvolvemento mental entre os oito e os quince anos. Estes tests aplicáronse nas escolas públicas e aínda se seguen a utilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Locuacidade insubstancial ou desatinada. SIN: leria.

    2. Relato esaxerado dun suceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar de forma atropelada e sen sentido. SIN: baduar, esbardallar, laretar, latricar.

    2. Contar feitos esaxerándoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acios de uva atados cun cordel para colgar do teito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito do carballo.

    2. Póla dun carballo despois de separala da árbore.

    3. Carballo vello coa copa tupida e co tronco voluminoso.

    4. Denominación vulgar de algas do xénero Fucus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, un brazo armado, movente do flanco sinistro, empuñando un alfanxe da súa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a un tipo de pera pequena, longa e moi saborosa.

    2. carballeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo é un abundancial formado sobre a voz carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XIII: “Maria Fernandes de Carvalyal” (doc ano 1265 en X. Ferro Couselo A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 24). Adoita aparecer castelanizado (Carbajal).

    2. Liñaxe galega que se espallou por toda a Península. As súas armas levan, en campo de sinople, unha torre de ouro, adestrada dunha bandeira de goles. Outra variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul, e bordo de prata con oito rosas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e poeta. Formado en dereito na Universidad de Madrid, ingresou no corpo xudicial no ano 1947. Despois de exercer en varias cidades galegas pasou a ser maxistrado da Audiencia territorial da Coruña no ano 1963. Foi presidente da sección de dereito penitenciario no V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Civil e Penitenciario, secretario da comisión de estudios do I Congreso de Dereito Galego e organizador das I Xornadas Xurídicas da Coruña. Como poeta publicou a súa obra en xornais e revistas e chegou a gañar a Flor Natural dos Xogos Florais de Oleiros en 1974. Colaborou en Foro Gallego e Jurisdición contencioso administrativa, e escribiu obras xurídicas como Ideario político social e penitenciario de don Miguel de la Sagra (1975) e Comentarios al Código civil y compilaciones forales: compilación de Galicia (1979). Membro correspondente do Instituto Español de Derecho Procesal, foi distinguido coa Cruz de San Raimundo de Penyafort no ano 1963. Ademais é académico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mariana Fernández Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Participou na fundación da Irmandade da Fala da Coruña e desenvolveu a súa actividade literaria sobre todo na prensa da época. Publicou no suplemento Terra a Nosa!, do xornal El Noroeste, e a novela O tesouro acobillado (1919). Postumamente a editorial Nós sacou do prelo De min pra vós (contos do pobo) (1928), recompilación das súas colaboracións na revista A Nosa terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada nos primeiros anos do s XIII, da antiga fábrica románica só se conservan as portas e parte da nave. Ten planta rectangular coa cuberta a dúas augas. O acceso á capela maior practícase por medio dun arco de medio punto. Destaca a portada principal con dúas arquivoltas que están protexidas por unha moldura saínte e axadrezada. No tímpano está gravado un arco entrelazado que debuxa unha cruz de arcos iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Química e edafóloga. Doutorouse en Farmacia en 1964 pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o certificado de estudios superiores de edafoloxía na Universidade de Nancy (1967) e o cargo de investigadora asociada no Centre National de la Recherche Scientifique (1970-1971). Foi profesora de bioquímica, termodinámica e mecánica estatística na Universidade de Santiago de Compostela (1959-1966), encargada de edafoloxía (1969) e investigadora do CSIC en 1965. Foi discípula do doutor Guitián Ojea, co que colaborou na elaboración dos mapas de solos de Galicia, e do edafólogo Duchaufour de quen traduciu, entre outras obras, Manual de Edafología, Atlas Ecológico de los Suelos del Mundo e Edafología. 1. Edafogénesis y clasificación. Tamén escribiu sobre a ciencia do solo. Pertenceu á Comisión Internacional para a avaliación científico-técnica do Research Institut of Crop Prodution de Praga-Ruzyne (Checoslovaquia, 1992) e á Comisión Europea para a avaliación do...

    VER O DETALLE DO TERMO