"Bao" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 38.
-
CIDADES
Cidade e capital do territorio de Bizkaia, Euskadi, situada nas marxes do río Nerbión (358.875 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A expansión da cidade comezou no 1862 coa explotación do mineral de ferro de Somorrostro. No ano 1890 o antigo núcleo comezou a absorber localidades veciñas, formando barrios máis ou menos homoxéneos: Bilbao Vello, Abando, o Ensanche, Albia, Atxuri, Basurto, Begoña, Rekaldeberri, Deusto, Castrejana, Zorroza e Erandio. O centro comercial do Bilbao moderno está constituído pola Gran Vía de López de Haro. Outro centro comercial importante está representado polas rúas de Bidebarrieta e Correo, ambas as dúas no núcleo antigo. A área de influencia de Bilbao esténdese ao Gran Bilbao, área con personalidade xurídica propia dende 1945, que ten unha extensión de 398,26 km2 e constitúe unha aglomeración urbana que se achega a 1.000.000 h (entre outros abrangue os concellos de Barakaldo, Portugalete, Sestao e Santurtzi). É o verdadeiro núcleo... -
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. Traballou na segunda metade do s XVI. O seu estilo está en relación con Gaspar Becerra e co núcleo de pintores manieristas que estiveron na diocese de Astorga. Exerceu o seu labor en San Xián de Casaio (Sobradelo), no retablo maior de Santa María de Casaio (Sobradelo) e no retablo maior de Santa María de Castro Caldelas (Ourense)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da subfamilia dos bovinos, subespecie do búfalo asiático. Vive nas illas da Sonda e en Asia Menor, e foi introducido en Malaisia, Filipinas, Exipto, nos Balcáns, Hungría e Italia. Vive en estado doméstico dende a Antigüidade e emprégase especialmente como besta de carga.
-
GALICIA
Mestre e perito mercantil. Foi cronista oficial de Allariz dende 1949 e cronista oficial de Ourense dende 1979, posto no que sucedeu a Ramón Otero Pedrayo. Entre os anos 1948 e 1988 publicou numerosos traballos de investigación e divulgación histórica sobre Ourense en revistas especializadas e nos xornais La Región e Faro de Vigo. Colaborador do Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial e da revista Posío Arte e Letras, publicou as monografías “Reseña histórica del castillo de Allariz” (1946), “La verdadera patria del Padre Feijóo” (1948), “Índice turístico de la provincia de Orense” (1961), “Allariz, villa y corte románica” (1962) e “Ourense, plano y callejero” (1969); e sacou do prelo os libros Guía turística da provincia de Ourense (1970), Crónica e guía do mosteiro de Oseira (1972), Crónica e guía do mosteiro de Montederramo (1974), Crónica e guía do mosteiro de Celanova (1976), Ourense, ruta e mantel...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oitre de 108 cm de lonxitude, as femias de maior tamaño ca os machos, e de ata 3 m de envergadura. Presentan o dorso, as alas e a cola de cor negra agrisada, e o resto de cor branca que el mesmo tingue, especialmente a cabeza e o pescozo, con arxilas férricas que lle dan unha coloración avermellada. Tamén presentan un anteface de cor negra e teñen un penacho de plumas negras pendurantes baixo o peteiro. A cola é longa e rómbica, e as patas calzadas con numerosas plumas. Son aves planadoras que se alimentan de prea e ósos que deixan caer sobre as rochas dende moita altura para despois inxerir os fragmentos e extraer a medula coa súa lingua de bordos curvos. Distribúese en áreas montañosas da Península Ibérica, na Península dos Balcáns, Oriente Medio, Asia Central e S de África.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido galego Dovao.
-
PERSOEIRO
Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse como tallista en madeira nun taller de artesanía (1961), na Escuela de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Madrid (1965) e no taller do escultor J. L. Alonso Coomonte. Durante a súa estancia en Barcelona, realizou diversos traballos para arquitectos, maquetas e murais. Instalouse en Vigo en 1975, onde se dedicou á creación de esculturas públicas. A súa obra caracterizouse polo uso de materiais nobres e polo estilo vitalista das formas redondeadas, onde a principal protagonista é a muller. Da súa produción destacan Busto a Castelao (Concello do Porriño, 1989), Monumento ao Emigrante (O Barco de Valdeorras, 1990), Monumento á Liñeira (As Neves, 1992), Tenaces do Vento (Muros-Carnota, 1993), Monumento á Familia (As Neves, 1995) e Monumento á Muller Traballadora (Vigo, 1996). En 1990 presentou o audiovisual O home de hoxe e a arte da actualidade. Realizou exposicións en Madrid, Barcelona, O Porriño e Vigo. Foi membro reitor da Xunta do Goberno...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Antón López Dobao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Palestina, situada nas proximidades de Xerusalén. Na época de Xosué formaba parte dunha tetrarquía. Sometida polos israelitas, foi incorporada ao territorio de Benxamín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución museística con sede en Bilbao. Situada ao mesmo nivel ca a ría do Nervión, naceu da colaboración entre as institucións vascas e a Salomon R. Guggenheim Foundation. Inaugurado o 3 de outubro de 1997, foi proxectado por Frank Owen Ghery. Está composto por distintos volumes interconectados, uns ortogonais cubertos por pedra calcaria, e outros curvos cubertos con placas de titanio, combinados por muros cortina de vidro. Dispón de 11.000 m2 dedicados á exposición. A colección permanente está integrada polos fondos procedentes do Guggenheim Museum, da Peggy Guggenheim Collection e do propio museo. Realiza exposicións temporais, conferencias, mesas redondas e actividades para centros escolares.
-
GALICIA
Xornalista e avogado. Exerceu como redactor xefe de Radio Popular de Lugo-COPE, xefe de informativos especiais e subdirector dos servicios informativos de RNE, director de RNE en Galicia e director de TVE en Galicia. Foi, ademais, subdirector do programa Informe Semanal e director de Parlamento, en TVE. É autor das reportaxes Andalucía (1977) e Aragón (1977), do libro Historia dun futuro: conversas con Antolín Sánchez Presedo (1993) e da obra colectiva Historia e futuro da música e da canción galegas (1980). Recibiu o Premio Ondas de Radio (1974) e o Micrófono de Oro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Asesor lingüístico da TVG, é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro e coordinador de área da revista Cadernos da Lingua. Interesado nos estudios sobre o galego oral e a incidencia desta lingua nos medios de comunicación, é autor de Desde o teito da noite (1987), Vocabulario dos pesos e medidas (1988), Vocabulario do medio físico (1988), en colaboración, Cadernos dos dereitos e das horas (1994) e O tempo entre murallas (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Ourense por Xosé Ramón Pérez Cid en 1920 dedicada a importar camións e á venda de maquinaria agrícola. Na década de 1950 comezou a distribuír as marcas de motos Guzzi Hispania e Biscuter, os vehículos industriales Pegaso e turismos. En 1960 converteuse no Grupo Pérez Rumbao SA e consolidouse a través da venda de turismos a través da súa rede de concesionarios, talleres de reparación, estacións de servizo en Ourense e distribución de combustibles en Ourense e Vigo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transcrición latina do hebreo ṣ ĕbā’ōt que forma parte da expresión bíblica Yahweh Ṣ ĕbā’ōt (Iavé Sabaot, deus dos exércitos). As versións bíblicas xeralmente manteñen a palabra orixinal, pero a liturxia preferiu a paráfrase Deus do universo.
-
PERSOEIRO
Político chinés. Enxeñeiro especializado en xeoloxía, ocupou diversos cargos técnicos e en 2003 a Asemblea Nacional Popular elixiuno primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘ben’.