"Berà" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

  • PERSOEIRO

    Bandoleiro calabrés, coñecido por Re Marcone. A súa banda foi desarticulada polo vicerrei de Nápoles, Pedro Afán de Ribera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Albania, capital do rrethi homónimo, na rexión de Elbasan-Berat, á beira do río Osum (43.800 h [1990]). Importante cidade medieval, foi sé episcopal e centro administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania, na rexión de Elbasan-Berat (1.027 km2; 180.489 h [estim 1990]). A capital é Berat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de ferro hidratado, de fórmula Fe3[(OH3P|O4]2·2,5H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, e os cristais son de cor vermella ou marrón avermellado, tabulares e lixeiramente alongados, en agregados fibrosos radiais. Ten dureza 3-4 e peso específico 3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido da provincia de Bos Aires, Arxentina, no límite SL do Gran Bos Aires (243.690 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Somalia, no golfo de Adén (70.000 h [1990]). Fundada probablemente polos Ptolomeos de Exipto, foi posesión dos árabes desde o s X. En 1875 pasou a estar baixo o dominio exipcio, e en 1884 baixo o dos ingleses, como capital da Somalia británica. Os italianos ocupárona durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega radicada en Cenicero (Denominación de Orixe Rioja), unha das máis significativas da denominación. Fundada en 1877, posúe 5.000 hectáreas de viñedo e comercializa en torno a 20 millóns de litros de viño anualmente, destinando case un 50% para a exportación. É ademais cabeza dun grupo de adegas no que tamén se inclúen as prestixiosas Marqués de Griñón (fundada en 1994, especializada en Riojas de alto nivel de excelencia) e Marqués de Monistrol (radicada no Penedés catalán e fundada en 1882; elabora cava e viños, algúns deles de calidade destacable).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en novembro de 1913 como substituta dunha anterior chamada Nueva Era. Pretendía ser o órgano do Bando liberal-caciquista, de tendencia prietista. Tiña como subtítulo “Órgano do partido democrático”. A partir do 14 de marzo de 1914 pasou a chamarse Betanzos, un cambio de título motivado por problemas de índole político-administrativa. Editada na capital da bisbarra de Bergantiños, desde o terceiro número publicábase en Paderne, concello lindante co de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade indíxena galega. Recibe tamén o nome de Lari Deo. Aparece esculpida nos relevos dos altares de Donón, onde se cre que se atopaba un santiario dedicado a esta divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Membro dunha familia de arquitectos. Desenvolveu a súa actividade no reinado de Luís XIV. Realizou o Hospital dos Inválidos e a súa igrexa (1670-1676), na que despois traballou Jules Hardouin Mansart, e a igrexa de San Luís no asilo de Salpetriére (1670?). Nas súas construcións predominan as estruturas sobre a decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi o líder do grupo Nou Ambient, creado en 1919 seguindo o modelo dos evolucionistas. A súa pintura presenta influencias de Nonell, con derivacións cara ao surrealismo e ao expresionismo. Tamén cultivou o collage. Entre 1939 e 1980 estivo exiliado en México onde escribiu diversos traballos sobre arte mexicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial da confluencia dos ríos Xúquer e Albaida (7.089 h [1996]). A agricultura de regadío e a gandería, sobre todo porcina, son as principais actividades económicas, aínda que tamén hai industria de conservas, de papel, de mobles e de materiais de construción. De orixe islámica, foi lugar real desde a conquista e Xaime I de Aragón incorporouna a Xàtiva. Foi independente, administrativamente, entre 1587 e 1708, data na que perdeu esa condición ata 1731 por apoiar o candidato austríaco durante a Guerra de Sucesión. A igrexa parroquial da Asunción, probablemente do s XV, reconstruíuse despois do terremoto de 1748. En 1901 inaugurouse o asilo de Sant Domènec cunha igrexa neogótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • zinxiberáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento fundado en 1969 polo sacerdote milanés Luigi Giussani coa finalidade de potenciar a presenza directa e activa dos católicos nos eidos cultural, social e político. Coñecido coa sigla CL (Comunione e Liberazione), suscitou a creación da Fraternidade CL, recoñecida no ano 1992, e da asociación Memores Domini, integrada por laicos que cumpren a castidade. Unha das actividades do movemento é a reunión anual, en Rimini, para a amizade entre os pobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La Ribera Baixa. Esténdese dende a serra de Corbera ata a marxe dereita do río Júcar (3.148 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente o cultivo de cereais, laranxas e leguminosas. Tamén é importante a avicultura e a apicultura. A vila está situada na parte baixa do castelo de Corbera, que se alza enriba dunha rocha. De orixe islámica, foi un lugar de convivencia mixta de mouros e cristiáns. Na igrexa parroquial de San Vicente venérase a imaxe da Mare de Déu del Castell, de estilo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (7.600 h [1996]). A economía baséase na construción e nos servicios que se derivan desta, o sector téxtil e a elaboración de cemento. A agricultura tamén ten un papel importante, sobre todo o cultivo de oliveiras e de vides. A vila moderna formouse pola aglomeración dos antigos núcleos de Corbera de Dalt e Corbera de Baix. A igrexa románica de Santa María, ampliada en 1700, coñécese pola escenificación anual que fai do seu pesebre vivente. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a casa dos baróns de Corbera (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de industriais vigueses. Procedentes de Arenys de Mar (Barcelona), instaláronse en Vigo a finais do s XVIII. Zenón Curbera Pontóns estableceu a primeira industria viguesa de curtidos na parroquia de Lavadores, en 1799, da que tamén foron accionistas Agostiño e Xoán Antonio Curbera . En 1807 o Rei Carlos IV concedeulles o privilexio de empregar o escudo de armas real, que foi utilizado nas exportacións. A compañía pasou en 1812 a mans de Xosé Lluch. Estes precursores, en compaña de Xosé Ramón Curbera Pascual , fundaron tamén factorías de salga de peixe segundo o modelo catalán (1808), que supuxeron unha renovación da industria galega. En 1861 Víctor Curbera fundou Curbera Hermanos, a primeira conserveira de Galicia, que introduciu timidamente a mecanización do proceso produtivo e orientou a súa actividade á especialización na sardiña enlatada, conforme o estilo de Nantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deliberar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de deliberar.

    2. Que é feito adrede como produto dunha deliberación.

    VER O DETALLE DO TERMO