"Bermúdez" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 28.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dorrón (Sanxenxo). Ten planta en forma de escuadro con baixo e un piso, e cunha galería á que se accede desde o patio frontal. Na fachada principal destaca un escudo coas armas dos Aldao, Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, un reloxo de sol e algunhas gárgolas. O conxunto completouse cun hórreo de dez pés e un pombal e rodeouse cun muro no que destaca o portalón, rematado en cruz. Noutra época tivo unha estrutura medieval cunha torre de homenaxe, que non se conserva. O edificio pertenceu aos Aldao e ao señorío do coto de Dorrón durante varias xeracións.
-
PERSOEIRO
Primeiro conde de Galicia. Membro da familia dos Osorio, mantivo o condado xunto co seu fillo Rodrigo Ovéquiz ata 1090, cando foi outorgado por Afonso VI a Reimundo de Borgoña e Urraca. Encabezaron unha revolta señorial contra o Rei Afonso VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Impresor e político. Instalado en Ferrol en 1848, comezou a traballar con Nicasio Taxonera. En 1851 estableceuse pola súa conta cunha libraría e cun obradoiro propios, onde editou o xornal El Faro Marítimo (1851) e El Brigantino. Liberal, foi concelleiro en Ferrol e deputado provincial por Betanzos. Nesta época dirixiu na Coruña o xornal La Concordia e encargouse da impresión de diversos libros de texto da Mariña. Posteriormente exerceu os cargos de gobernador civil de Santander, Jaén, Ávila, Segovia e Soria, ata que, coa renuncia de Amadeo de Savoia, regresou a Ferrol para desenvolver novamente o seu labor como impresor e concelleiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director cinematográfico. Comezou no cine afeccionado e en 16 mm a finais da década de 1970, e exerceu a crítica cinematográfica en diversas publicacións e emisoras de radio, como no suplemento “La Esfera” do xornal El Mundo e mais na revista Archipiélago. Así mesmo, foi redactor xefe de La Tarde de Madrid. A súa primeira incursión cinematográfica tivo lugar en 1978 coa curtametraxe La maté porque era mía, á que seguiron outras como La hija del anarquista (1980) ou Canción de cuna (1990). Participou na longametraxe Luz negra (1992), un traballo que tivo boa acollida en festivais como os de Alcalá de Henares e Gijón de 1993. Posteriormente a súa actividade abrangueu outras facetas da industria, como o guión de Retrato de mujer con hombre al fondo (1996) e de diversas reportaxes do programa de TVE Quién sabe dónde?, e en 1997 dirixiu o seu segundo filme, Nena, unha adaptación do relato Y así pasó el amor, de I. Turgueniev, e producida pola empresa coruñesa Xamalú Filme, estreouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, pai de Ramón del Valle-Inclán. Secretario do Goberno Civil de Pontevedra, relacionouse con diversos intelectuais do Rexurdimento. Afín ás doutrinas de Montero Ríos, nos seus artigos amosouse como un hábil polemista. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, La Opinión Pública e El Progreso, e fundou La Voz de Arosa. Foi membro correspondente da Real Academia de Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Explorador e xeógrafo. Descubriu o golfo de San José e o río Negro (1779). Confeccionou cartas náuticas do río Negro, do golfo de San Matías e do tramo entre o río Negro e o Colorado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1806, 1815 e 1820), xuíz de Alzadas no Tribunal do Comercio do Real Consulado da Coruña, deputado en Cortes pola Coruña (1834-1836), maxistrado da Real Audiencia da Coruña (1838) e membro da Sociedad de Amigos del País de Santiago. Publicou Memoria sobre la necesidad y modo de dar mas grande impulso a la agricultura en España [...] (1815).
VER O DETALLE DO TERMO