"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PERSOEIRO

    Escritor hebreo. A súa obra histórica Séfer ha-yuasin (Libro das xenealoxías, 1566), é unha síntese da historia universal dende a Creación ata o s XV. É autor de diversas obras astronómicas en hebreo e alxamía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Realizou estudios sobre a electricidade, as teorías de Maxwell e, especialmente, sobre electrónica. Construíu os primeiros tubos de tres electrodos en Francia (1918) e ideou xunto con E. Bloch o multivibrador. Morreu nun campo de concentración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista alemán. Discípulo de Sigmund Freud, fundou a Sociedade Psicanalítica de Berlín (1910), primeira póla da Asociación Psicanalítica Internacional, presidida por el mesmo de 1924 a 1925. O seu traballo máis importante é A short study of development of the libido (Un pequeno estudo do desenvolvemento da libido, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Destacou polos seus estudios sobre o electromagnetismo de Maxwell. Publicou a Theorie der Elektrizität (Teoría da Electricidade, 1921), obra de referencia durante bastantes anos. Introduciu a noción de momento magnético e demostrou que a masa do electrón crece a medida que a súa velocidade se achega á da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista sudafricano en lingua inglesa. A súa obra denuncia os conflitos raciais no seu país. Ademais de Tell freedom (Berra liberdade, 1954), que lle deu fama, é autor de Mine boy (O mozo mineiro, 1946), A wreath for Udomo (Unha coroa para Udomo, 1956) e This Island Now (Esta illa, agora, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor viva provocada no paciente afectado de litiase biliar, ao premer nun punto do abdome equidistante do embigo e da novena cartilaxe costal dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do hebreo ‘Abhrâm, formado por ab ‘pai’ e ram ‘alto, excelso’; xa que logo, ‘Abhrâm vén significar ‘pai excelso, de nobre estirpe’. Segundo a tradición bíblica, foi Iavé quen lle cambiou ao patriarca de hebreos e árabes, o nome en Abrahán (‘pai dunha multitude’). Como todos os nomes do Antigo Testamento, tivo especial vixencia a partir da Reforma Luterana. A festa de Abrahán celébrase o 16 de marzo. Abrahán é tamén un dos personaxes da “Festa da Eva”, antigo auto sacramental que se representa en Laza cada 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patriarca dos pobos hebreo e árabe. Os hebreos considérano proxenitor a través do seu fillo Issac e os árabes, por medio do seu outro fillo, Ismael. Segundo o libro da Xénese pertencía ao clan de Terha, descendente de Sem (fillo de Noé). Viviu na rexión de Ur de Caldea (Mesopotamia) e recibiu orde de Iavé de emigrar coa súa familia a Palestina. Monoteísta dentro dun ambiente politeísta, chamouno Deus para que se trasladase a Caná. Obrigado por un período de fame emigrou a Exipto. Retornou a Caná e salvou o seu sobriño Lot, prisioneiro de Kedor-Laómer, Rei de Elam. Aínda que tivera un fillo, Ismael, da escrava Agar, Iavé aseguroulle que o ía facer pai dunha multitude de pobos. Así, cumprindo a promesa de Iavé, a súa esposa Sara, daquela vella e estéril, tivo a Isaac, do que nacería unha numerosa descendencia. Ficou, deste xeito, constituída a Alianza entre Deus e o seu pobo, e instituída a circuncisión, sinal desa alianza. Para probar novamente a Abrahán, Deus ordenoulle sacrificar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que abraia ou asombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amosar asombro, espanto, admiración ou sorpresa ante feitos concretos.

    2. Sentir abraio ou asombro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión de admiración, asombro ou sorpresa provocada por algo que resulta extraordinario ou deleita os sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Medicina pola Universidade de Bos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. É profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Fillo do dirixente galeguista na emigración Xosé Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas (Bos Aires, 1953), membro do consello de redacción do xornal Adiante (1954-1955) e un dos promotores na capital porteña da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Colaborador na prensa galeguista de Bos Aires (1953-1960) e autor de Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Exerceu profesionalmente como notario na Coruña e en Madrid. Autor de diversas publicacións sobre temas xurídicos galegos como Derecho foral gallego (1970) e Para un axeitado dereito foral galego, incluído no libro colectivo Estudos do dereito foral galego (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Compostela que tamén pode aparecer coa variante Abraldez. Foron señores xurisdicionais da torre e pazo de Guimarães, da Casa Branca e Torre de Arins, da Granxa do Sol e das xurisdicións de San Mamede de Ribadulla e San Cristovo de Mirín, entre outras. Esta estirpe emparentou con numerosas e nobres casas de Galicia e Castela: duques de Alba, Medina das Torres, Gandía, Alcalá, Galisteo e Tamames; marqueses de Vilamaior, Scala, Cerralbo e Montesacro; condes de Ramiráns, Oropesa, Altamira, Deleitosa, Pardo Bazán, Torres de Cela, Vilagonzalo, Puñoenrostro, Torres Vedras e Borraxeiros; vizcondes de Fefiñáns e de Valduerna. As primitivas armas dos Abraldes levan sete escaques como na casa orixinaria de Santiago e Cambados. Outras traen, en campo de prata, unha cruz baleira de goles semellante á de Calatrava; bordo de prata, con oito escudiños de azur, cargado cada un de cinco bezantes de prata postos en aspa, que son as quinas de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador. Diplomado en Artes Aplicadas. Xunto con Miguel Anxo Prado, Juan Carlos Nazabal, Imanol Zinkunegi e outros traballa no eido da animación e ilustración (Estudio Tangaraño). Entre as súas publicacións destaca un Libro de Xeografía e Historia e diversas colaboracións en revistas e xornais (Repinaldo, Santiago 7 días, Azul y Blanco). Participante en exposicións colectivas (II e III Bienal da Caricatura, Ourense; Humor Gráfico Joven y Brillante 96, Alcalá de Henares; Salón del Humor, Madrid; I Premio XIV Concurso Galego de Cómic (Xuventude 98, Ourense) e II no certame ‘Humor Gráfico’ Casa do Humor (Fene 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • NUCLEOS

    Núcleo de poboación próximo a Zagorsk, na oblast de Moscova, a 57 km da capital. Alí conviviron comunitariamente escritores como Turguenev e Gogol xunto con artistas e estudiosos da arte medieval rusa, quen construíron unha igrexa (1880-1882) que reproducía a de Novgorod.

    VER O DETALLE DO TERMO