"Bug" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ames baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor esférico e coriáceo que se forma nas pólas ou follas dos carballos, inducido por himenópteros parasitos da familia dos cinípidos, que poñen os ovos no seu interior. Dentro do bugallo desenvólvese a eiruga da avespa, que se alimenta do tecido neoformado. Na primavera seguinte, o insecto adulto abandona o bugallo. Empregáronse para a industria de curtidos pola súa alta concentración de taninos. Os nenos adoitan utilizalos para xogar con eles coma se fosen buxainas.

    2. globo ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Este alcume sería aplicado a un individuo ‘baixo e regordecho’. Tamén se atesta na época medieval en feminino aplicado a mulleres: “Maria Bugalha” (doc ano 1292 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 399).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Iniciou a súa andaina no teatro independente en Logroño. De volta a Galicia, creou o grupo Olimpo co que estreou Antígona (1978), espectáculo creado a partir do texto de Sófocles. Posteriormente, marchou a Madrid onde traballou no café-teatro e nalgunhas curtametraxes e películas. En 1988 regresou a Pontevedra e creou a Aula de Formación de Actores, que funcionou ata 1992 e coa que realizaría diversos espectáculos entre os que salientan O oso (1990), a partir da peza de Anton Pavlovič Čekhov, ou A puta no manicomio (1990), sobre a coñecida obra de Dario Fo. En 1994 participou como actor no espectáculo Macbeth, realizado por Producións Teatrais do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben algunhas plantas que presentan estruturas globosas densas, semellantes a bugallos; é o caso de Erica tetralix, con umbelas terminais arredondadas e compactas, ou algunhas especies do xénero Ranunculus, con froitos en forma de glomérulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino de Uganda, ao NO do lago Victoria. A disgregación do grande estado de Kitara deu lugar, a principios do s XVII, á formación dos reinos hima do actual territorio de Uganda: Bunyoro, Ankole, Toro e Buganda. O reino de Buganda, composto etnicamente polos baganda e os invasores hima, foi gobernado polo kabaka ou rei; o primeiro deles chamouse Kinton. Despois de dous séculos de hexemonía de Bunyoro, Mutesa I, chegado ao poder en Buganda en 1860, estableceu o predominio de Buganda sobre a rexión. En 1862 chegaron a Buganda os exploradores John Hanning Speke e David Grant e, en 1875, David Livingstone. En 1880 o Tratado de Helgoland situou o país baixo a influencia británica, en 1894, converteuse en protectorado e, en 1897, integrouse no protectorado de Uganda. O predominio de Buganda mantívose durante todo o s XX e reflectiuse na organización administrativa e política da Uganda independente, dominio reforzado pola doazón de terras feita polas autoridades coloniais aos señores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto gabeador do xénero Bougainvillea, da familia das nitaxináceas, de follas enteiras, alternas, ovadas, lustrosas e perennes, e flores reunidas en grupos de tres e rodeadas por tres brácteas petaloides de gran tamaño, de cor laranxa ou vermella. Pertencen a este xénero dez especies orixinarias de América do Sur, apreciadas en Europa como ornamentais. As especies máis empregadas en xardinería son B. glabra, B. spectabilis e o híbrido B. x buttiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo ao que remite presenta etimoloxía escura. Documéntase desde o s XIII: “Alfonso Rodriguez Bugarin” (doc ano 1250 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 532).

    2. Liñaxe orixinaria da parroquia Bugarín, en Ponteareas, que deixou ilustres membros pola vilas do sur de Galicia como Porriño, Baiona, Pontevedra, etc. As súas armas levan escudo cortado: primeira partición, en campo de prata, con tres flores de lis de azul, postas en faixa; segunda partición, en campo de azul, cun brazo nacente do flanco sinistro, agarrando coa man tres ou catro paos entrecruzados, de prata. Outra variante trae escudo cortado: primeira partición, en campo de prata, con tres lises de azul colocadas en faixa; segunda partición, en campo de azul, cun brazo vestido movente do lado sinistro, sostendo na man tres varas de prata. Reséñase tamén outro escudo que ostenta: en campo de ouro, dous brazos vestidos e enluvados, moventes, un do flanco sinistro e outro do destro, sostendo cada man un feixe de ramallos de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dominicano. Deixou manuscritas varias obras, entre outras, Anales del Reino de Galicia, Historia eclesiástica y profana (catro tomos conservados no arquivo do Cabido de Santiago de Compostela) e Historia del apóstol Santiago, único y singular patrón tutelar de las Españas (hoxe na Academia da Historia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Foi misioneiro en Filipinas, entre outras, nas localidades de Pata Island, Abulug e Tuguegarao, superior do convento de Manila dende 1661 e vigairo de varias misións dende 1669. Coñecedor das linguas indíxenas, escribiu Arte de hablar el ibanag e un Vocabulario do mesmo idioma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca de automóbiles de competición e de luxo fabricados nos obradoiros Bugatti de Molsheim (Alsacia) dende 1910 ata 1952. Foron moi valorados pola súa mecánica e estética; entre os modelos máis característicos están o 41-Royale (1927), un dos automóbiles máis potentes e luxosos do seu tempo, e o Bugatti 59 (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. No 1898 construíu un triciclo impulsado por dous motores. No 1910 fabricou o primeiro coche nun obradoiro de Molsheim (Alsacia), que logo se convertería na factoría de automóbiles de luxo Bugatti. En 1911 creou, con Peugeot, o motor Bébé Peugeot e foi o primeiro en empregar o compresor para sobrealimentar os motores dos coches de carreiras. Construíu tamén os primeiros automotores de combustión interna dos ferrocarrís franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo noruegués. Editou os poemas do Edda (1867) e defendeu a orixe norueguesa das sagas en Estudier over de nordiske gude-og heltesangs oprindelse (Estudios sobre a orixe das lendas divinas e heroicas do norte, 1881-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bugis ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo bugi.

    3. Pobo malaio, que habita no SO das Célebes, no S de Borneo, espallado polas illas de Lombok e Bali. Está constituído por aproximadamente 4.000.000 individuos. Posúen unha agricultura desenvolta, na que destacan os cultivos do arroz e do millo, xunto coas plantacións de cocos. Dedícanse tamén á gandería, á pesca, ao comercio marítimo e á navegación. Dominan tamén as técnicas metalúrxicas. Atópanse organizados en familias matrilocais, dunhas vinte persoas, que habitan unha mesma casa. Islamizáronse a principios do s XVII, pero na súa relixión perviven elementos hinduístas e prehinduístas.

    4. Lingua oceánica da familia austronésica, unha das máis importantes do grupo indonesio, moi semellante ao makasar, incluída no grupo de linguas malaio-polinesias e dentro delas no subgrupo célebes. Rexístranse 2.500.000 falantes e posúen unha literatura de gran riqueza escrita en caracteres derivados do alfabeto devanagari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de vento coa embocadura e forma de trompeta e cun marcado tubo cónico de metal ou revestido de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba pertencente aos xéneros Anchusa ou Pentaglottis da familia das boraxináceas. A planta caracterízase por estar cuberta de pilosidade, ter follas alternas e enteiras, e flores con pétalos azuis unidos formando un pequeno funil, con cinco lóbulos, cinco estames soldados e un ovario fondamente dividido en catro. En Galicia son comúns as especies: A. calcarea, nos areais costeiros; A. undulata, en terras cultivadas; e P. sempervirens, en bosques e lugares sombrizos e húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños da familia dos soleidos ao que pertence a lirpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lumbrigante.

    VER O DETALLE DO TERMO