"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece inicialmente a Accademia Pontaniana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia de Poetas que se tentou crear na Coruña a mediados do século XVIII. Parece que perseguía como obxectivo primordial a constitución dun grupo de persoas cultas e versadas coa finalidade de intercambiar as súas experiencias poéticas. O único que se sabe das mesmas é a través das obras de Diego Cernadas de Castro, o cura de Fruime, de quen conservamos unha carta dirixida ao militar Xosé Piñel, que era o secretario. Tamén se conserva documentación sobre o debate literario que, ao redor do ano 1761, mantivo Xosé Cornide cun membro desa Academia chamado Salgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Österreichische Akademie der Wissenschaften.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bayerische Akademie der Wissenschaften.
-
VER O DETALLE DO TERMO
British Academy.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1949 polo goberno da República Popular de China. Substituíu á Academia Sinica, trasladada a Taipei ao final da Guerra Civil polo goberno nacionalista. Consta de cinco departamentos: física e matemáticas, química, ciencias biolóxicas, ciencias da Terra e ciencias tecnolóxicas. A sede central da academia está en Pequín, sen embargo, ten delegacións nas principais cidades chinesas. Un sexto departamento, que se ocupaba das humanidades acabou por constituír no ano 1977 a Academia Chinesa de Ciencias Sociais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución, primeira do seu xénero en Galicia, fundada por un grupo de estudiantes da Facultade de Leis da Universidade de Santiago de Compostela o 28 de xaneiro do 1731. O seu presidente foi Pablo Mendoza de los Ríos e o seu secretario Carlos Barreiro de los Ríos. Entre os seus obxectivos estaban o exercicio no debate intelectual e o perfeccionamento do estilo literario, organizando nas súas sesións debates sobre temas xurídicos e dando a coñecer producións literarias. Algunhas destas disertacións, así como textos en prosa de temática variada e sonetos, foron recollidas no volume Theatro Moral y Político de la noble Academia Compostelana (1731).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acadèmia de la Llengua Catalana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Euskaltzaindia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no 1779 polo duque de Landes. Comprende unha sección de ciencias e outra de artes. Dispón dunha importante biblioteca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia ideada en 1764 entre a Real Xunta de Comercio e Moeda e o Intendente do Exército e Reino de Galicia, Xulián Robiou. En 1765 celebrouse o acto inaugural da institución, que habería representar o espírito da Ilustración. Robiou designou 24 membros entre maxistrados, militares e altos funcionarios da administración, terratenentes da nobreza comarcal da Coruña e varios académicos residentes nas outras seis capitais do antigo Reino de Galicia. Entre eles foi elixido o padre Sarmiento, que se negou a aceptar o título de Académico de Honor. Reuníronse durante dez anos para discutir asuntos relacionados coa decadencia da agricultura en Galicia e os seus posibles remedios, fomentar os cultivos máis convenientes e incorporar ao agro galego medios técnicos axeitados coa finalidade de obter mellores colleitas. Tamén redactaron memorias e publicaron informes que non haberían de contar co apoio dos poderes públicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de creadores de pequenas animacións en formato GIF constituído por deseñadores moi activos que presentan traballos e discuten sobre este tipo de creacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución dedicada ao ensino das artes creada en València no ano 1753 co nome de Academia de Santa Bárbara, grazas á iniciativa de Ignacio e José Vergara. En 1768 adoptou outra denominación por un privilexio do Rei Carlos III. Salienta o seu importante fondo de pintura valenciana medieval e moderna, constituído no ano 1838. Publica a revista Archivo de Arte Valenciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia de Ciencias de Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica de tipo xeral situada en Moscova, herdeira da Academia de Ciencias de Rusia fundada en San Petersburgo por Pedro o Grande (1725). En 1991 foi reestruturada e recuperou o seu nome primitivo, que entre 1925 e 1991 foi Academia de Ciencias da URSS. Estaba estruturada en seccións, que se correspondían coas catro grandes academias francesas do tempo da súa fundación. En 1991 tiña 332 membros numerarios, 570 correspondentes e 137 estranxeiros e editaba máis de 200 publicacións periódicas. O seu organigrama acolle 18 departamentos, que son: ciencias físicas, matemáticas e técnicas; química e ciencias biolóxicas; ciencias da terra; ciencias sociais; departamento siberiano de Novosibirsk; departamento de estudios do Extremo Oriente; departamento dos Urais e outras seccións e centros de investigación. Destes departamentos dependen máis de 400 institucións científicas. É a primeira institución de investigación científica de Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.