Academia Apolo

Academia Apolo

Academia de Poetas que se tentou crear na Coruña a mediados do século XVIII. Parece que perseguía como obxectivo primordial a constitución dun grupo de persoas cultas e versadas coa finalidade de intercambiar as súas experiencias poéticas. O único que se sabe das mesmas é a través das obras de Diego Cernadas de Castro, o cura de Fruime, de quen conservamos unha carta dirixida ao militar Xosé Piñel, que era o secretario. Tamén se conserva documentación sobre o debate literario que, ao redor do ano 1761, mantivo Xosé Cornide cun membro desa Academia chamado Salgado.