academia
(< lat Academĭa ouAcademīa ‘escola de filosofía platónica’ < grἀκαδήμεια ‘xardín de Academo’)
-
s
f
-
Sociedade literaria, artística ou científica, xeralmente fundada e regulamentada por unha autoridade pública coa finalidade de contribuír ao avance das letras, das artes ou das ciencias. No Renacemento, especialmente en Italia, inspirándose no ilustre nome da Academia de Platón e na idea que dela se tiña por medio dos Diálogos, xurdiron as primeiras academias modernas: a Academia Platónica, de Florencia, de carácter filosófico; a Academia Romana (chamada tamén Pomponiana), de carácter arqueolóxico e filolóxico; a Academia Afonsina (chamada despois Pontaniana), de Nápoles; e a Academia Aldina, de Venecia. O s XVII presenciou o nacemento e o afianzamento dalgunhas das academias de máis transcendencia cultural: a Accademia della Crusca, de Florencia (1582); a Fruchtbringende Gesellschaft, de Weimar (1617); a Académie Française, de París; e, sobre todo, as primeiras dedicadas ás ciencias: Accademia Nazionale dei Lincei, de Roma (1603); a Academia Naturae Curiosorum, de Schweinfurt (1652); a Accademia del Cimento, de Florencia (1657); e a Royal Society, de Londres (1662). No s XVIII continuou a expansión do movemento académico, que polo xeral seguiu o modelo francés, como é o caso da Real Academia Española, de Madrid (1714). Durante os ss XIX e XX os países que accederon á independencia e, en ocasións, as nacións sen estado con reivindicacións nacionalistas, foron constituíndo, segundo o exemplo europeo, tanto academias de carácter xeral como especializadas. Nestas condicións, a primeira academia que se fundou en España foi a Real Academia Galega (1906), seguida polo Institut d’Estudis Catalans (1907) e a Euskaltzandia (1919). As principais academias xerais e de corte humanista están asociadas á Unión Académica Internacional (1919). As academias, despois de ter cuberto unha función importante no desenvolvemento do coñecemento, foron substituídas por outras institucións científicas máis axeitadas ao ritmo de incremento e aos métodos do coñecemento científico moderno, pervivindo deste xeito moitas delas como entidades honoríficas.
-
Sociedade cultural.
Sinónimos: ateneo.
-
-
s
f
-
Lugar no que os académicos se reúnen para realizar as súas xuntanzas.
-
-
s
f
-
Xunta de académicos, sesión académica.
-
Reunión ou certame de carácter filosófico, teolóxico, científico, literario, artístico, conmemorativo, etc.
-
-
s
f
[EDUC]
-
Institución de ensino artístico, técnico, mesmo xeral, de nivel superior ou medio.
-
Institución, especialmente de carácter privado, dedicada ao ensino de nivel medio de carácter técnico e práctico, sen conferir títulos oficiais. Como consecuencia da publicación do Tractate of Education de Milton (1644), os puritanos ingleses fundaron institucións de ensino medio chamadas academias (academies) de tipo máis popular ca as escolas de gramática (grammar schools) anglicanas, coas que se fundiron. Estas institucións pasaron a Nova Inglaterra e ao resto das colonias británicas en América do Norte. Paralelamente desenvolvéronse institucións similares en Europa e no resto do mundo. De carácter privado, público ou semipúblico, ofrecen un ensino variado que abrangue materias principalmente comerciais e de cultura xeral (contabilidade, idiomas, taquigrafía, mecanografía, debuxo e outros).
-
-
s
f
-
Impropiamente, universidade, estudo xeral (studium generale).
-
[ADM]
Circunscrición administrativa francesa de educación. A capital de cada academia ten universidade.
-
-
s
f
[PINT/ARTE]
Estudio que se fai dun modelo natural nu. Este xénero de estudo era habitual nas academias de pintura e debuxo.
-
academia de arte
[ARTE]
Sociedade constituída para o estudo e a difusión das artes. A idea directriz da actividade destas institucións foi útil para elevar o nivel medio da práctica artística. A máis antiga foi a Accademia del Disegno, de Florencia (1563). A elaboración e ensino dunha doutrina foron xa os obxectivos da Accademia degli Incamminati, organizada en Boloña (1585-1586), e a Accademia Nazionale di San Luca, de Roma (1593). En Francia destacou a Académie Royale de Peinture et Sculpture (1648), que suscitou a creación de numerosas institucións semellantes por toda Europa. En Madrid creouse a Academia de las Nobles Artes de San Fernando (1744), despois Academia de Bellas Artes de San Fernando. En Galicia creouse a Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (A Coruña, 1849).
-
Art
academia de arte dramática
[EDUC/ESPECT]
Nome dado nalgúns países ás institucións dedicadas ao ensino do oficio de actor, como por exemplo, a Accademia d’Arte Drammatica Silvio D’Amico en Italia ou a Royal Academy of Dramatic
-
academia de música
[EDUC/MÚS]
-
Sociedade constituída para o estudo da música e a difusión de obras musicais mediante concertos, recitais, representacións ou a docencia. As academias musicais teñen a súa orixe nas academias do Renacemento. A partir do s XV comezaron a crearse as especificamente dedicadas á música. En Italia foron importantes a Accademia degl’Incandenati (1500) e a Accademia Filarmonica (1543 e 1545), ambas situadas en Verona, remataron fusionándose en (1564); en Florencia, a Accademia ou Camerata Fiorentina, fundada por Giovanni Bardi (1568); en Venecia, a Accademia della Fama (1558); en Arezzo, a Accademia dei Discordi (1623); en Roma, a Accademia di Santa Cecilia ou Congragazione dei Musici di Roma, que aínda subsiste, a Accademia degli Accesi e a Accademia dei Filomusi; en Ferrara, a Accademia degl’Intrepidi (1600). En Francia fundouse a Académie Royale de Musique, de París (1669) e posteriormente denominada Académie Nationale de Musique. En Alemaña, a Sozietät der Musicalischen Wissenschaften, de Leipzig.
-
conservatorio.
-
-
academia eclesiástica
[RELIX]
Universidade de estudios teolóxicos da Igrexa Ortodoxa rusa. O tsar Pedro o Grande foi o fundador das primeiras academias eclesiásticas.
-
academia militar
[BÉL]
Institución dedicada á formación dos oficiais das forzas armadas. No s XVII xeneralizouse o ensino das artes militares entre a nobreza nos colexios ou escolas de nobres, coñecidos como academias en Francia e en Alemaña (Ritterakademien), que fornecían de oficiais os exércitos europeos. Entre as primeiras escolas militares propiamente ditas cabe mencionar a de París, fundada por Henrique IV, e a de Bruxelas (s XVII) para a formación dos oficiais dos exércitos dos Habsburgo de España. En Inglaterra fundouse en Londres a Royal Military Academy de Woolwich (1714) e a Royal Military Academy de Sandhurst (1802), que se fusionaron en 1947. Nos EE UU creouse en West Point (Nova York) a United States Military Academy (1802). En Francia Napoleón estableceu en Fontainebleau unha academia militar (1803), trasladada logo a Saint-Cyr (1808) e posteriormente a Coëtquidan, na Bretaña (1946). Na Unión Soviética, o exército vermello fundou a Academia do Estado Maior (1918), convertida despois en Academia Militar do Exército Vermello (1929), coñecida tamén co nome de Academia Militar Frunze. En España creouse a Academia General Militar (1908) en Toledo, primeiro intento de formación conxunta de todos os oficiais, na actualidade (1999) ten a súa sede en Zaragoza. En Galicia atópase a Escuela Naval Militar (Marín), que forma os oficiais da Armada Española dende o ano 1943, logo de ser trasladada dende San Fernando. Os oficiais do exército do Aire fórmanse na Academia del Aire de San Javier (Murcia).
-
academia virtual
[EDUC/INFORM]
Centro privado dende o que se imparten clases de diversas materias a estudiantes que non se encontran fisicamente na súa sede. Para lograr ese obxectivo, empréganse diferentes aparellos informáticos conectados a redes de telecomunicacións.