Academia

Academia

(< grẢκαδήμεια ‘xardín de Academo’)

[FILOS]

Escola filosófica de Platón, situada nos xardíns consagrados ao heroe Academo, de onde toma o nome. Tratábase dunha comunidade dedicada ao culto das musas e ao exercicio da actividade filosófica e posuía unha importante influencia política. Ao longo da súa historia, dende que iniciou a súa andaina cos ensinos de Platón no 387 a C ata que foi clausurada por Xustiniano no 529 d C, desenvolveu tres períodos: a Academia antiga (Xenócrates, Crates...); a Academia media (iniciada por Arcesilao), de predominio escéptico; e a Academia nova (iniciada por Carneades). A partir de Filón de Larissa e Antíoco de Ascalón, a filosofía da Academia bifúrcase nunha corrente neoplatónica e noutra ecléctica.