"CAE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 64.

  • Forma plural correspondente ao apelido Caeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Calvados, na Baixa Normandía, Francia, situada á beira do río Orne (115.624 h [1990]). É un núcleo industrial onde destacan os xacementos de ferro, ademais do porto comercial e pesqueiro. Tamén é un importante centro de ensino superior, a Université de Caen, fundada no 1432. Capital da Baixa Normandía no tempo de Guillerme o Conquistador (s XI), foi tomada e saqueada polos ingleses en 1346 e 1417, permanecendo baixo dominio inglés dende esta última data ata 1450. Creceu durante o s XVI grazas ao comercio con Guinea e América, pero decaeu a partir da revocación do Edito de Nantes (1685), polo que máis de medio millón de hugonotes abandonou Francia, xa que era unha importante cidade protestante. Durante a Revolución Francesa foi un centro xirondino. A pesar dos bombardeos sufridos durante a Segunda Guerra Mundial (1944), a cidade mantén un bo número de mostras da arquitectura normanda. Conserva as igrexas románicas de Saint-Étienne (de l’Abbaye-aux-Hommes)...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.

      2. Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio. OBS: A construción sintáctica formada polo verbo caer mais a preposición de mais un substantivo referido a unha parte do corpo (fociños, costas, cu, etc) significa ‘bater esa parte que se nomea contra unha superficie firme’.

      3. Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.

      4. Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.

      1. Coincidir un acontecemento cun período de tempo.

      2. Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.

    1. Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome galés de Cardiff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da cidade etrusca de Cerveteri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Gwynedd, en Gales, Reino Unido, á beira da baía de Caernarfon (9.506 h [1981]). Consérvase o castelo que mandou construír Eduardo I de Inglaterra despois da conquista do país; nel naceu o seu fillo Eduardo, primeiro príncipe non independente de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores ou arbustos inermes e espiñentos, de follas caducas bipinnadas e flores vistosas de cor laranxa, vermella e amarela, dispostas en panículas ou acios. Propio da zona tropical e subtropical, algunhas especies teñen un interese económico ou ornamental, como o sapán e o pau de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana que se corresponde coa actual Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma coa que tamén se coñece a liñaxe italiana Gaetani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade dominicano. Aínda que bautizado como Tommaso de Vio, foi coñecido como Caetanus ou Gaetanus, un dos teólogos de máis sona da escola tomista. Exerceu como profesor de filosofía e teoloxía en Roma, e como cardeal e legado papal en Alemaña; de feito, foi o que examinou a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Entre as súas obras máis importantes destacan a edición da Summa Theologica de Tomé de Aquino e os escritos de Aristóteles. Tamén colaborou na bula Exsurge Domine (1529) que condenaba a Lutero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade dominicano. Aínda que bautizado como Tommaso de Vio, foi coñecido como Caetanus ou Gaetanus, un dos teólogos de máis sona da escola tomista. Exerceu como profesor de filosofía e teoloxía en Roma, e como cardeal e legado papal en Alemaña; de feito, foi o que examinou a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Entre as súas obras máis importantes destacan a edición da Summa Theologica de Tomé de Aquino e os escritos de Aristóteles. Tamén colaborou na bula Exsurge Domine (1529) que condenaba a Lutero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vicenza 1480 - Nápoles 1547) Xurisconsulto e sacerdote italiano, fundador da orde dos teatinos. Creou un hospital para enfermos incurables na súa cidade natal. Co gallo de introducir reformas nos costumes do clero, fundou en 1524 no Milanesado a congregación dos cregos regulares xunto a Gian Pietro Carafa, bispo de Chieti ou Theate (de aí o nome da orde), futuro Papa Paulo IV, Paulo Consiglieri e Bonifacio de Colle, de Alexandría. Despois do saqueo de Roma polas tropas de Carlos V refuxiouse en Venecia. Foi beatificado por Urbano VIII (1629) e canonizado en 1671 polo Papa Clemente X por iniciativa do Rei de Francia Luís XIV. A orde dos teatinos foi introducida en Francia polo cardeal Mazarino. O culto deste santo estendeuse coa súa orde por Europa Central e España no s XVIII; é un dos patróns de Baviera. En iconografía represéntase vestido con hábito teatino, sotana negra e calcetíns brancos; como atributos leva flor de lis e corazón alado. Aparece recibindo o Neno Xesús...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do xentilicio latino Caietanus ‘habitante de Caieta’ (hoxe Gaeta, Italia), que pasou despois a cognome latino ‘da familia de Caio’. Presenta como variantes: Caetán, Caitán, Quiatán, Quitián, Quitán/Caitana e Queitana. San Caetano de Gaeta foi un destacado teólogo que se enfrontou ás doutrinas luteranas e pertenceu á escola tomista; é titular dunha parroquia e celébrase o 7 de agosto. San Caetano de Thiene, canonizado en 1671, foi o fundador da congregación dos cregos regulares teatinos. A tradición oral recolle ditos que dan mostra da devoción por este santo como “San Caitán, san Caitán, dános pan pra hoxe e pra mañán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno escudo redondo característico da cultura castrexa, construído a base de nervios de coiro trenzados con reforzos metálicos, con asas traseiras ou sen elas. Son coñecidos por figurar nas esculturas de guerreiros castrexos e nas moedas galaico-romanas, sobre todo en ases e semis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes da familia das onagráceas ao que pertence a herba dos encantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertence a aguia albela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao decaedro.

    2. Que ten forma de decaedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliedro de dez caras.

    VER O DETALLE DO TERMO