"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compostos orgánicos carbocíclicos que non pertencen á serie aromática. Os hidrocarburos alicíclicos denomínanse engadindo o prefixo ciclo- ao nome do hidrocarburo alifático do mesmo número de carbonos. Os seus produtos de substitución chámanse, en xeral, seguindo as regras aplicables aos compostos alifáticos. A forma e estabilidade dos ciclos destes compostos dependen do número de carbonos e da súa eventual insaturación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencias no enrolamento cromosómico mostradas por cromosomas completos ou segmentos cromosómicos, cunha orixe xenotípica, celular ou ambiental. As rexións que sofren máis a miúdo de alociclia son os centrómeros, os telómeros e as rexións organizadoras do nucléolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do verso, a frase ou a palabra que ten exactamente o mesmo sentido lido de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Núcleo de altas presións rodeado por un sistema de isobaras pechadas dun radio de entre 350 e 2.000 km. O aire descende paseniño e, na superficie, o vento segue a dirección das isobaras, de xeito que polo efecto de Coriolis, ten o sentido do movemento das agullas do reloxo no hemisferio norte e o sentido contrario ás agullas do reloxo no hemisferio sur. A presión na parte central do anticiclón adoita variar entre 1.020 e 1.030 milibares ao nivel do mar, pero en certos casos (como a radiación nocturna invernal nas rexións polares) pode chegar a 1.050-1.080 milibares. Nos océanos, onde a fricción é nula, o vento segue exactamente as isobaras: isto explica a estabilidade de anticiclóns como o dos Açores. Un anticiclón pode ser provocado ben por unha anomalía térmica negativa prolongada (anticiclón térmico), como por exemplo, o que se forma no inverno sobre Siberia, ben como resultado de mecanismos xeneralizados de descenso (anticiclón dinámico), como ocorre nos trópicos,...
-
-
Relativo ou pertencente ao anticiclón.
-
Que ten o sentido de rotación dun anticiclón, é dicir, sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e sentido inverso no sur.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral de Alexandre o Grande. Á morte deste, gobernou Frixia e outros territorios de Asia Menor. Baixo a rexencia de Antípater, foi nomeado xeneral dos exércitos de Asia e loitou contra Seleuco I, Rei de Babilonia, e unha coalición de xenerais. Ao rematar a guerra (311), Antígono dominou toda Asia Menor, Siria e unha boa parte de Mesopotamia. No ano 306 proclamouse, xunto co seu fillo Demetrio, “Rei”. Foi vencido en Isios, cidade de Frixia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece de ántrax.
-
-
Relativo ou pertencente aos ascotorácicos.
-
Crustáceo da orde dos ascotorácicos.
-
Orde de crustáceos da subclase dos cirrípedos, formado por individuos parasitos de equinodermos ou de antozoos. Teñen os apéndices bucais modificados para poder zugar. Dous xéneros destacables son Laura e Synagoga, parasitos de antipataros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Battista Gaulli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua europea da familia caucásica setentrional nororiental que se fala en Xeorxia. Conta cuns 3.000 falantes.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comunidade autónoma de Cantabria, situado na beira da ría de Santoña, na comarca da Trasmiera (2.213 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias, destacando as explotacións gandeiras especializadas en bovino de orientación láctea. Outro importante recurso son as canteiras e as fábricas de cemento e formigón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de reaccións termonucleares proposto por H. A. Bethe como un proceso produtor de enerxía en certos tipos de estrelas. Denomínase tamén ciclo do carbono ou do carbono e do nitróxeno, porque os nucleos de 12C actúan de catalizadores na síntese de núcleos de helio a partir de 4 protóns.
-
-
elocípede de dúas rodas de diámetro parecido, a anterior das cales é a directriz, e a posterior, accionada polo condutor mediante un sistema de pedais e transmisión por cadea, é a motriz. A bicicleta está formada, basicamente, polo cadro, a transmisión, a dirección e as rodas. Pódense considerar como elementos non esenciais a sela e os freos, e como elementos accesorios os gardalamas, a cobrecadea, as luces, etc. O cadro é o marco metálico tubular, xeralmente trapezoidal, que serve de ligadura e soporte de todos os outros elementos. A transmisión está constituída polos pedais, solidarios por medio de manivelas a unha, ás veces dúas, ou mesmo ata a tres coroas dentadas chamadas pratos; o piñón, engrenaxe sinxela ou múltiple unida á buxa da roda posterior xa sexa dun xeito fixo (piñón fixo), xa sexa mediante un mecanismo de trinquete que permita que a bicicleta corra sen pedalear (piñón libre), ou ben a través dun mecanismo epicicliodal...
-
Bicicleta de pista (sen engrenaxes nin cambio de marchas e con piñón fixo) ou de estrada, adaptada para cada unha das probas específicas do deporte ciclista. Nos últimos anos, certos adiantos técnicos permitiron transformalas en vehículos máis lixeiros (debido a unha diminución de peso dos materiais empregados na súa construción) e veloces, grazas ao desenvolvemento e aplicación de innovacións tecnolóxicas no deseño tanto do cadro ou armazón como dos elementos auxiliares (pedais con fixacións automáticas, rodas lenticulares, guiadores con forma de corno de cabra, etc).
-
Bicicleta coa lamia ancha, pneumáticos coa banda de rodadura engrosada, cadro reforzado e piñón fixo.
-
Bicicleta de estrutura reforzada, co guiador plano, con tres pratos, seis ou sete piñóns e pneumáticos gravados, adaptada especialmente para os terreos accidentados.
-
Bicicleta fixa adaptada para determinar o traballo que realiza un individuo ao pedalear. Emprégase para realizar probas de esforzo coas que se evalúa o traballo do corazón durante o exercicio.
-
Bicicleta fixa, utilizada para realizar exercicios físicos de intensidade equivalente aos que se fan ao pedalear nunha bicicleta convencional.
-
-
-
Que consiste ou está disposto en dous ciclos, dous círculos ou dous verticilos.
-
Aplícase ao ser vivo que nun ano produce dúas xeracións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
elocípede de dúas rodas, a anterior motriz e directriz ao mesmo tempo, cun diámetro (chegaba mesmo aos 1,5 m) considerablemente maior ca a posterior, cos pedais montados directamente sobre o seu eixe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefixo empregado para formular sistematicamente os nomes dos hidrocarburos alicíclicos. Anteponse ao nome do hidrocarburo de cadea aberta de igual número de átomos de carbono e especifícanse as dimensións dos aneis con tres cifras (separadas por puntos e entre corchetes) que van detrás do prefixo; estas cifras indican, en orde decrecente, o número de átomos de carbono de cada unha das tres cadeas que unen os dous átomos de carbono terciario comúns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isómero do benceno, con forma de dous aneis triangulares xuntados por un enlace que une os dous vértices e con dous dobres enlaces.
-
GALICIA
Poeta. Publicou os poemarios en castelán La noche clara (1922) e La escondida senda (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Le Meingre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de fibras nerviosas sensitivas situadas no cordón posterior da medula espiñal; no bulbo, este fascículo atravesa o núcleo de Burdach e chega ao córtex cerebral do lado oposto. Foi descrito polo fisiólogo alemán Karl F. Burdach.