"COSE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

      1. Dados dous eixes perpendiculares x e y, e un segmento de lonxitude unidade OP que forma un ángulo α co eixe de abscisas x, o coseno deste ángulo é o valor da proxección de OP sobre o eixe x, e desígnase como cosα. O coseno do ángulo α determinado entre dous segmentos calquera é o coseno do ángulo que, debuxado sobre este círculo goniométrico, ten a mesma abertura que α. Entre o coseno e o seno dun ángulo existe a relación fundamental cos 2 α+sen 2 α=1.

      2. coseno hiperbólico dun número real

        Dado un número real x, número real ch(x) definido como ch(x)=(e x +e -x )/2.

      3. función coseno

        Función cos: O→O definida pola asignación xcos(x), onde cos(x) é o coseno do ángulo que ten x radiáns. É unha función periódica de período 2π e o seu percorrido é o intervalo [-1,1]. É unha das seis funcións trigonométricas ou circulares e está relacionada coa función seno pola derivada: d(cosx)/dx=-senx, d(senx)/dx=cosx.

      4. función coseno complexo

        Función cos: L→L definida pola asignación z→(e iz +e- iz )/2. É unha das seis funcións trigonométricas complexas.

      5. función coseno hiperbólico

        Función ch: O→O definida pola asignación x→chx, onde chx é o coseno hiperbólico do número real x.

      6. función coseno hiperbólico complexo

        Función ch: L→L definida pola asignación z→(e z +e -z )/2, onde e z é a función exponencial complexa. Satisfaise que chz=cos(iz) e que cosz=ch(iz), onde cos é a función coseno complexo.

    1. Dada unha recta calquera, cosenos dos ángulos que esta recta forma cos eixes de coordenadas do sistema de referencia.

    2. φ

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada na rexión de Calabria, Italia (75.033 h [1999]). Importante centro industrial e agrícola (viña e oliveiras), destaca a fabricación de mobles, a construción e os tecidos (la). Correspóndese coa antiga Cosentia, capital do Brucio, que foi sometida polos romanos no 204 a C e dominada despois, sucesivamente, por bizantinos, sarracenos e normandos. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral medieval, reconstruída no s XVIII, e o castelo do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Calabria, Italia (6.650 km2; 746.695 h [estim 1999]). A súa capital é Cosenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pasar un fío ou un cordel, xeralmente mediante unha agulla, a través dun tecido téxtil, de coiro ou doutro material semellante para xuntar dous anacos, tapar un buraco, suxeitar uns botóns, engadir algún adorno, atar algo nalgún sitio ou realizar calquera labor deste tipo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coser e facer albardas, todo é dar puntadas. En coser e descoser, o fío e o tempo téñense que perder”.

      2. Xuntar os dous bordos dun tecido orgánico mediante puntos de sutura.

      3. Facer a cosedura nunha encadernación.

    1. Realizar labor de costura. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cose canto poidas e verás canto aforras”.

    2. Aparato que permite coser con gran rapidez e uniformidade. Está impulsada por un movemento rotativo que pode provir dun motor ou dunha panca, unida a un sistema biela-manivela que acciona o usuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Iniciou os seus estudos en Iaşi e, en 1940, trasladouse a Roma, Padua e Milán, cidades en que exerceu o xornalismo. De 1951 a 1958 foi catedrático de Lingüística na Universidad de Montevideo e, a partir do 1963, ensinou filoloxía románica e lingüística xeral en Tübingen. Dedicouse, sobre todo, a estudar cuestións teóricas e metodolóxicas relacionadas practicamente con todos os aspectos da linguaxe (lingüística xeral, filoloxía ou historia da lingüística). Así, tratou o cambio lingüístico, as relacións entre lingüística e lóxica, a sistematización do léxico, etc, e definiu e distinguiu o particular, o xeral e o universal na linguaxe.
    Entre os seus libros de contido monográfico destacan Sincronía, Diacronía e Historia (1958), un dos clásicos da lingüística...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cosetanos.

    2. Individuo do pobo dos cosetanos.

    3. Pobo ibérico prerromano que habitou as rexións do Campo de Tarragona e o Alto e Baixo Campo. O seu nome parece provir do oppidum ou cidade de Cissa, tomada polos romanos no 218 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación producida pola inxestión de carne con toxinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección cutánea causada por fungos parasitos dos xéneros Trochophyton, Microsporum e Epydermophyton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar cosido ao soltar as puntadas da costura. Na tradición oral recóllense ditos como: “Máis vale descoser que romper”.

    2. Soltarse ou desfacerse as costuras dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parasitose producida polo desenvolvemento de tenias do xénero Echinococus. O parasito é pequeno, de entre 7 e 14 mm de lonxitude, e corpo segmentado en tres ou catro aneis ou proglótidos. O primeiro, o escolex, presenta órganos de fixación -catro ventosas e unha dobre coroa de ganchos- e os seguintes forman o estróbilo. Como moitos outros endoparasitos carecen de aparato respiratorio, dixestivo e locomotor e teñen un sistema nervioso moi sinxelo. No último segmento ou proglótido sitúanse os ovos nun número de entre 500 e 800. Habita na fase adulta nos intestinos dos cans -caso da especie Echinococus granulosus-, dos gatos -Echinococus multilocularis- e doutros mamíferos como ovellas, cabras ou porcos. Os cans e os gatos adquiren a tenia aliméntandose de vísceras infestadas, mentres que o home o fai inxerindo alimentos contaminados cos ovos eliminados dos animais infectados, o que provoca a formación de quistes hidatídicos, que conteñen as mencionadas larvas, no fígado, no pulmón e noutros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento excesivo do sistema piloso.

    2. hirsutismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa de orixe medieval, que afirma que a alma humana se separa do corpo despois da morte e pasa a outra persoa, animal ou vexetal. Segundo o comportamento da persoa na vida anterior, a reencarnación será máis ou menos nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade causada por fungos.

    2. Tipo de linfoma non hodgkiniano, relativamente pouco maligno, formado por linfocitos de tipo T, que afectan inicialmente á pel e logo aos ganglios linfáticos superficiais e aos órganos internos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Micose producida por fungos cigomicetos de xéneros diversos (Absidia, Mortierella, Mucor ou Rhizopus), da orde das mucorais, que aparecen de xeito repentino e que se localizan especialmente no conduto auditivo externo ou no tecido orbitario e os seos paranasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de sopor producido por un narcótico.

    2. Narcose caracterizada por inconsciencia e analxesia completas.

    3. Síndrome manifestada por euforia e alteración da percepción, que aparece en individuos sometidos a hiperpresión, especialmente en submarinistas a partir dunha certa profundidade (100 m se levan escafandro autónomo) a causa dun aumento do CO 2 e O 2 nos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que está producida por fungos do xénero Oidium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección cutaneodérmica que se observa nalgúns países africanos e de América Central e do Sur debida ao helminto Onchocerca volvulus e ás súas microfilarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso que se caracteriza pola formación de tumores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección das unllas causada por fungos parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO