coser
(< lat consŭĕre ‘coser unha cousa con outra’)
-
v t
Antónimos:
descoser.
-
Pasar un fío ou un cordel, xeralmente mediante unha agulla, a través dun tecido téxtil, de coiro ou doutro material semellante para xuntar dous anacos, tapar un buraco, suxeitar uns botóns, engadir algún adorno, atar algo nalgún sitio ou realizar calquera labor deste tipo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coser e facer albardas, todo é dar puntadas. En coser e descoser, o fío e o tempo téñense que perder”.
Ex: Coseulle un botón á chaqueta. As mulleres cosían as redes no peirao todas as mañás.
Antónimos: descoser. Confrontacións: remendar. -
[MED]
Xuntar os dous bordos dun tecido orgánico mediante puntos de sutura.
Ex: Chegou coa ferida aberta e levámolo ó hospital para que lla coseran.
-
[GRÁF]
Facer a cosedura nunha encadernación.
-
-
v i
Realizar labor de costura. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cose canto poidas e verás canto aforras”.
Ex: Cose dende que ten doce anos.
-
máquina de coser
[TÉXT]
Aparato que permite coser con gran rapidez e uniformidade. Está impulsada por un movemento rotativo que pode provir dun motor ou dunha panca, unida a un sistema biela-manivela que acciona o usuario.
Frases feitas
-
Coser o aparello con olga. Enmarañarse as redes coas algas debido ao mal tempo.
Palabras veciñas
coseno | Cosenza | Cosenza | coser | Coseriu, Eugenio | cosetano -na | Cosgrave, William ThomasIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coso
coses
cose
cosemos
cosedes
cosen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cosía
cosías
cosía
cosiamos
cosiades
cosían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cosín
cosiches
coseu
cosemos
cosestes
coseron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cosera
coseras
cosera
coseramos
coserades
coseran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coserei
coserás
coserá
coseremos
coseredes
coserán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cosería
coserías
cosería
coseriamos
coseriades
coserían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cosa
cosas
cosa
cosamos
cosades
cosan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cosese
coseses
cosese
cosesemos
cosesedes
cosesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coser
coseres
coser
cosermos
coserdes
coseren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
cose
-
-
cosede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coser
coseres
coser
cosermos
coserdes
coseren
cosida
cosidos
cosidas