"Carmen" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 51.

      1. Castigar ou reprender a alguén para que non volva cometer unha falta.

      2. Ser algo a causa de que alguén se corrixa e non volva cometer unha falta.

    1. Aproveitar a experiencia ou as ensinanzas propias ou alleas para non cometer os mesmos erros ou faltas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ten que se saber escarmentar o que non queira chorar. Escarmentar na cabeza allea é unha boa ciencia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Castigo que se lle impón a algunha persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “O escarmento trae ás veces o arrepentimento”.

    2. Ensinanza que se extrae de erros alleos ou pasados e serve de advertencia para evitar repetilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse no eido da cerámica na Escuela de La Moncloa e no eido dos metais na Escuela de Artes Aplicadas Mestre Mateo. Especializouse no traballo en esmaltes sobre metal. Profesora da Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela dende 1978. Participou, entre outras mostras, na Bienal Internacional da Arte do Esmalte (Limoges, 1976), Artesanía galega (Canadá, 1984), Email-Kunst (Deidesheim, 1985), I Bienal Internacional El món de l’Esmalt (Salou, 1989), The Japan Shippo Conference (Toquio, 1993) e na Homenaxe de artistas galegos ao Che no 30 aniversario da súa morte (1998). Realizou exposicións en Santiago de Compostela e Vigo. Entre outros galardóns recibiu as medallas de prata e bronce no V e VI Concurso Exposición Mestre Mateo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Menca Estévez, licenciouse en Belas Artes na Universidad de Salamanca (1993) e realizou estudios de doutoramento na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Foi profesora de primaria e secundaria de educación plástica e visual. Na súa obra, con características do informalismo, dominan os tons ocres e sienas, a preocupación pola materia e unha presenza constante da memoria, entendida como imprescindible para construír a exacta idea da realidade. Destacan, entre outras, as series Recipientes de memoria, Terra seccionada, Constelacións e Signos da memoria. Participou, entre outras mostras colectivas, en diversas convocatorias de Arte Xoven Galega, na I Bienal Priego de Oliver (Ourense, 1995), no II Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1997), na III Bienal Pintor Laxeiro (1997) e na III Exposición Arte e Solidaridade, Proxecto Home Galicia (2000). Entre as exposicións individuais que realizou destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Graduada en artes aplicadas e oficios artísticos na especialidade de interiorismo, ampliou estudios en diversos cursos e talleres. Partiu da figuración para achegarse á abstracción. Utilizou técnicas mixtas como o gravado, a cerámica e o óleo na procura dunha ambigüedade tomada das formas da natureza con formas óseas e vexetais, das diferentes texturas ou das cores. Nas instalacións de Wood Blood (2001) analizou a intervención do home na natureza. Comezou a expoñer en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1988), Premio Penagos (Madrid, 1991-1992), Galicia Terra Única (1997), Salon d’Art Contemporain des Pays Celtes (Lorient, 2000) e na VII Mostra Unión Fenosa (2001). Formou parte, en diversas convocatorias, do xurado do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Autor Galego do Certame Internacional de Debuxo X. Pérez Villaamil (1990). A súa obra está presente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora de Ensino Secundario. Presentou o seu libro Carmen, Carmela, Carmiña ao Premio Planeta en 1994. En marzo de 2001, a Audiencia Provincial de Barcelona admitiu a trámite a súa querela interposta contra o premio Nobel Camilo J. Cela a quen acusaba de plaxiar a súa obra en La Cruz de San Andrés, gañadora do Premio Planeta de 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse con Dolores Díaz Baliño. Pintou ao óleo e á augaforte fundamentalmente paisaxes, caracterizadas pola pincelada ancha e fluída. Realizou exposicións en París, Londres, Madrid, Barcelona, A Coruña e Vigo, entre outras cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Formouse con María Corredoyra. As súas obras, realizadas ao óleo, caracterízanse polo realismo e pola experimentación da perspectiva, a cor e os elementos pitóricos. Cultiva a paisaxe, o bodegón e as escenas de interior inspiradas no mundo galego. Realizou exposicións en Galicia e Catalunya e participou, entre outras mostras colectivas, na Semana da Galiza no Gran Casino de Estoril (1981) e no Salón de Arte Contemporánea dos Países Celtas no Festival Interceltique de Lorient (1992). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra e no Museo das Mariñas de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Pasarín, cos que aprendeu as técnicas do debuxo, a pintura ao óleo, a xilografía, a linografía, a augada e a sanguina, entre outras. As súas pinturas, bodegóns e paisaxes, evolucionaron dende os valores impresionistas da primacía da luz e da cor ata os expresionistas, onde a pincelada se fai máis longa e na que a pasta de cor é máis grosa. Realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Encargouse da secretaría xeral de Novas Xeracións do PP de Marín e foi concelleira desde 1995. No Parlamento galego, foi deputada por Pontevedra parte da IV lexislatura (1996-1997) e na V (1997-2001), e Directora Xeral de Cultura da Xunta de Galicia (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Publicou Poemas de Carmeliña (1983), Poemas da miña terra (1985) e Poesía para nenos (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo de Carmen Monteferro, emigrou a Arxentina e colaborou en El Espectador de Ecuador, Lonxe da Terriña de Ponteareas e Valle Miñor. Publicou Al borde la sombra (1972) e Tránsito de Alas (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Académica e profesora. Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, é membro da Real Academia de la Historia (1989) e da Real Academia de la Lengua (2000). Obtivo o Premio Nacional de Periodismo, e o Premio Nacional de Historia de España (2000) pola obra Símbolos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora y escultora. Formada inicialmente co profesor de debuxo Manuel González Santos, proseguiu os seus estudos na  Escuela Superior de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e rematounos na Real Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid en 1954. Ampliou os seus estudos por Europa grazas a unha bolsa do Ministerio de Educación e percorreu Roma, Viena e Holanda, entre outras cidades. No 1958 expuxo por primeira vez de xeito individual, no Ateneo de Madrid e no Club La Rábida de Sevilla. Entre 1960 e 1962 estableceuse en Madrid, onde formou parte do cículo da galerista Juana Mordó. Establecida de novo en Sevilla, creou a escola de debuxo, pintura e gravado El Taller e iniciou a súa actividade docente, xunto con Teresa Duclós e Javier Soto. En 1975 conseguiu a Cátedra de Debuxo do Natural na Escuela de Bellas Artes de Sevilla, onde permaneceu ata 1981.
    A súa pintura é intimista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. En 1944 gañou a primeira edición Premio Nadal de Novela con Nada, unha obra de ton realista e cotián, reflexo do ambiente de posguerra, que se sitúa en Barcelona e que protagoniza unha adolescente, víctima dunha familia na que a violencia é algo cotiá. Publicou tamén La isla y los demonios (1952), La llamada (1954), La mujer nueva (1955, Premio Nacional de Literatura 1956), La insolación (1963), Paralelo 35 (1967) e La niña y otros relatos (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Menchu Lamas, comezou a súa andaina artística no Colectivo Imaxe (1976-1978) e realizou diversas propostas en Galicia e Madrid. Participou na mostra Princesa 76 organizada por Antón Patiño en Vigo. Nestes anos comezou a súa colaboración co grupo de Comunicación Poética Rompente, co que colaborou en diversas publicacións. En 1980 viaxou con Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Antón Patiño a Nova York, onde coñeceu o expresionismo abstracto. Ao regreso da viaxe fundou con estes artistas a proposta Atlántica, coa que se pretendía renovar a situación artística de Galicia. As obras presentadas amosan signos-símbolos dunha iconografía indefinida. Tralas mostras de Atlántica a súa obra acadou unha maior repercusión e en 1982 realizou en Madrid a súa primeira exposición individual. A súa obra caracterízase polo carácter alegórico, polo emprego de grandes formatos nos que sobresae a mancha de cor e sobre as que se sitúa unha figuración de tipo primitivista, que co paso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista. Foi campioa de España de natación desde 1986 ata 1993 en 200 metros costas. Foi cuarta na Copa de Europa (Sabadell, 1989), participou no campionato do mundo en Perth (1991) e obtivo a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Autora de contos, novelas e ensaios, tamén colaborou como guionista en series de televisión como Santa Teresa de Jesús ou Celia. Realizou numerosas traducións de obras literarias, como Madame Bovary, de Flaubert; Cuentos, de Charles Perrault; El primo Basilio, de Eça de Queiroz; ou Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë. Da súa produción destacan El balneario (1954), Entre visillos (Premio Nadal, 1957), Las ataduras (1960), El proceso de Macanaz: historia de un empapelamiento (1970), Usos amorosos del dieciocho en España (1972), Desde la ventana. Enfoque femenino de la literatura española (1987), Caperucita en Manhattan (1990), La reina de las nieves (Premio Nacional de las Letras 1994) e Lo raro es vivir (1996). Recibiu o Premio Nadal (1957), o Premio Nacional de Literatura (1978), o Premio Príncipe de Asturias (1988), compartido con Xosé Anxo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Debutou en 1969 co filme El Espíritu, de J. Tamariz, se ben non destacou ata que realizou con F. Colomo Tigres de papel (1977) e Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978). Con Pedro Almodóvar participou en Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980), Qué he hecho yo para merecer esto? (1984), La ley del deseo (1987) e Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988, Premio Goya 1989). Interveu en Ay Carmela! (1990, Premio Goya 1991), Cómo ser mujer y no morir en el intento (1991), La Comunidad (2000, Premio Goya 2001), 800 Balas (2002) e 25 degrés en hiver (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra e pianista, filla do compositor galego Emilio Otero Val. Formou parte da coral galega Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander, onde organizou un grupo de baile e a sección feminina de gaitas. Recibiu, xunto ao seu irmán, a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO