"Cere" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 99.

  • Parte do encéfalo bastante rudimentaria nos vertebrados inferiores e de certa complexidade nos superiores. No ser humano ocupa a rexión posteroinferior da cavidade craniana e está separado dos hemisferios cerebrais por unha dependencia da duramáter, chamada tenda do cerebelo. Está constituído por unha parte mediana ou verme e dous lóbulos laterais ou hemisferios cerebelosos. Do cerebelo parten os pedúnculos cerebelosos: dous superiores que comunican cos tubérculos cuadrixéminos, dous medianos que comunican coa protuberancia e dous inferiores que descenden ata o bulbo. Está formado pola substancia gris, que forma o córtex cerebeloso e os núcleos internos, e a substancia branca, situada no medio da substancia gris, que adopta unha forma ramificada. A superficie externa está dividida por sucos nun gran número de circunvolucións. O córtex cerebeloso está constituído pola capa molecular e pola capa granular; entre estas dúas está a capa de células de Purkinje, á que chegan todas as...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cerebelo.

    2. Conxunto de alteracións nerviosas determinadas pola lesión do cerebelo. Caracterízase fundamentalmente por ataxia, vertixe, disimetría, asinerxía, tremor nos movementos, nistagmo, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cerebro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento do cerebro, ligado ao aumento da capacidade craniana e á cefalización, que tivo lugar especialmente nos homínidos e que constituíu unha parte importante do proceso de hominización.

    2. Actividade dos hemisferios cerebrais como soporte do pensamento consciente ou inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cerebro.

    2. Aplícase á persoa, á obra ou ao traballo no que predomina o raciocinio e o esforzo intelectual sobre o afectivo, emocional ou fisiolóxico.

    3. cacuminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cerebr(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De superficie globulosa e repregada que lembra as circunvolucións do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia nitroxenada que se obtén do tecido nervioso fervido cun álcali de composición non ben definida, pero afín á dos fosfátidos. Emprégase como antineurálxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do encéfalo que acada a máxima complexidade e o máximo volume nos mamíferos, e o volume máximo relativo nos primates, moi especialmente no ser humano. Ocupa case toda a caixa craniana, e descansa sobre as fosas anterior e media da base do cranio. Ten unha forma ovoide e está partido en dúas metades simétricas: os hemisferios. A superficie externa de cada un deles divídese en catro lóbulos por unha serie de fendas interlobulares (frontal, parietal, temporal e occipital) que, á súa vez, están divididos por fendas secundarias nunha serie de circunvolucións. Esta superficie tan accidentada permite aumentar extraordinariamente a área externa do cerebro e, en consecuencia, as súas posibilidades funcionais. Nunha sección do cerebro, vese, de fóra cara a dentro, a substancia gris (codia ou córtex) e a substancia branca. A primeira está constituída por unha serie de estratos celulares en número de seis, dos que destaca a terceira capa de células piramidais que dan orixe á maior parte das fibras...

    2. O cerebro de cada ser humano debe comezar a educarse desde o nacemento para acadar o seu crecemento neuronal, unhas conexións intracerebrais e unha almacenaxe adecuada da información. A partir dunhas bases anatómicas e funcionais similares en todos, sen embargo, a ensinanza e a motivación persoal interveñen decisivamente na reestruturación do cerebro, aínda que non se deben realizar tarefas inadecuadas de aprendizaxe, mentres non se estruturen as zonas neuronais adecuadas. A partir dos once anos a estrutura e as funcións cerebrais maduran rapidamente, por mor da mielinización das vías nerviosas, e aparece o pensamento abstracto, a capacidade de comprender e de resolver problemas científicos. Os factores xenéticos modifícanse e equilíbranse, tal e como ten resaltado Rodríguez Delgado, con outros moitos elementos de recepcións sensoriais e coa complexidade das relacións recíprocas. As recepcións sensoriais son esenciais para a estruturación do cerebro, e tamén para a formación do sistema...

    3. Ganglios nerviosos cefálicos dos invertebrados, especialmente cando centralizan a actividade nerviosa.

      1. Órgano cerebral considerado como sede do pensamento, da intelixencia, da cordura ou do xuízo.

      2. Persoa moi intelixente.

      3. Persoa que deseña os plans para levar a cabo un asunto.

    4. Concreción calcaria impura formada, sobre todo en solos antigos de lugares secos, por nódulos dispersos nos limos.

    5. Aparato electrónico que realiza cálculos e operacións moi rapidamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cerebr(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cerebro e á medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galactolípido que contén unha molécula de esfingosina unida en posición 1 cun azucre, a galactosa, e tamén unida cun enlace amídico a un ácido graxo de peso molecular elevado. Os cerebrósidos non conteñen fósforo. Están no cerebro e noutras partes do sistema nervioso en cantidades considerables, especialmente na mielina. Suponse que a súa función está relacionada coa transmisión dos impulsos nerviosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería. Realizou en 1575 a capela de Pedro Carneiro na igrexa de Santa María a Nova de Noia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Fernández Cerecedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Cereixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra lírica en galego foi publicada postumamente nunha edición de Lois Vázquez (1986), dividida en tres partes: “Íntimas”, “Tornade os que estades fóra” e “Cantigas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou vende produtos de cera, como poden ser cirios ou exvotos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na casa do cereiro ninguén se deita ás escuras”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da cerdeira, de forma arredondada, duns dous centímetros de diámetro e de pel lisa vermella escura, aínda que pode variar de amarela a negra nas distintas variedades de cultivo. Está unido á árbore por un pedúnculo delgado e longo, e ten sabor doce ou agridoce. A cereixa branca é unha variedade de gran tamaño e de cor case branca; a cereixa brava é pequena e de sabor acedo; a cereixa pataqueira é grande e de pouco sabor; e a picota é de cor vermella escura e sabor moi doce, que se adoita comercializar sen pedúnculo. É un froito rico en potasio e vitaminas A e C, e ten efectos laxantes. Emprégase para obter extractos e destilados que se usan como saborizantes. Consómese fresca ou en marmelada e utilízase frecuentemente en preparacións pasteleiras e confiteiras e na elaboración de licores (Chesky, Kirsch, Marrasquino, Rocher e outros). En Galicia celébranse varias festas gastronómicas da cereixa, a máis importante é a de Beade (Vigo). Na tradición...

      1. Froito semellante a unha cereixa.

      2. cereixa de raposo

        Froito da hedra.

      3. cereixa do can

        Froito do espiño.

      4. cereixa dos paxaros

        Froito do acivro.

    2. Que ten cor vermella escura, semellante á que adquiren algunhas clases de cereixas cando están maduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Brollón baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO